3 de julio de 2024

,

Santo Tomás
3 de julio de 2024

,

Santo Tomás

«Sinto a dualidade dunha nova tarefa, pero tamén a ilusión de comezar algo novo»

«Sinto a dualidade dunha nova tarefa, pero tamén a ilusión de comezar algo novo»

Hace diecinueve años que don Antonio Menduiña fue ordenado sacerdote. Desde entonces se ha convertido en doctor en Teología Bíblica, ha sido párroco en las comunidades de Petelos, Pereiras y Cans. Además, es el director del Instituto Teológico San Xosé y, desde este verano, rector del Seminario Menor de Tui.

¿Quién es Antonio Menduiña?

É unha persoa que intenta, na medida do posible, ser fiel a esa vocación que recibiu neste Seminario Menor de Tui. Fai trinta anos, eu entrei aquí sen a idea de ser cura, pero pouco a pouco, sentín como Deus me chamaba por un camiño. E despois dun tempo de discernimento e de facer unha opción polo sacerdocio, son unha persoa que intenta escoitar a palabra de Deus e levala a cabo na súa vida: axudando os demais, intentando ter un servizo de cara a xente e amosando un pouco,  como di o Papa Francisco, “a alegría do Evanxeo”.

Sobre todo un elemento moi importante que ven derivado do meu currículo e a palabra de Deus. A palabra como aquilo que intento que me configure como persoa; que sexa el quen me traballe, porque moitas veces son eu quen lle pon atrancos.

 

«Dejar que la palabra de Dios me configure», ¿es una idea que quiere inculcar a los seminaristas?

Mais que inculcalo, intentar que eles vexan como eu actúo e como eu son para que eles digan «a min gustaríame ser como esta persoa»; ou que vexan que e un camiño que pode ser tamén atractivo para as súas vidas, non tanto polo que eu lles vou a dicir, como polo que eles van experimentar. Un pouco o que dicía Pablo VI na Evangelii Nuntiandi: «o que o mundo quere hoxe en dia non é mestres que digan o que hai que facer, senón testemuñas que teñan unha experiencia de Deus e que a poidan manifestar».

 

¿Cómo se sintió cuando le nombraron rector?

A verdade e que me costou asimilar que agora ía ser reitor do seminario. Eu tiña unha vida completamente diferente como párroco. Entrar agora nunha dinámica de seminario menor non era algo que eu tivese en mente ou que me propuxera. Costoume un pouco atoparme neste edificio, neste papel de ser reitor, pola miña pouca experiencia no tratamento con adolescentes.

Polo meu currículo, eu trato con un nivel máis ben universitario que ten claro xa o que quere e que non hai que andar enriba deles para que fagan as cousas e apelar a súa responsabilidade. Pero considero que é unha experiencia enriquecedora que, ao ser diferente a todo o que levaba feito, pode axudarme a medrar como persoa na miña vocación.

Na medida que vas cultivando aspectos diferentes da túa vida e da túa personalidade, vaise ensanchando o teu interior; non te empobreces, que é o risco que acontece cos párrocos. Por iso penso que a mobilidade do clero e os diferentes ámbitos que poidas traballar axúdanche a enriquecerte e enriquecer aos que tes ao lado. Neste sentido, sinto a dualidade dunha nova tarefa, pero tamén a ilusión de comezar algo novo.

 

¿Cree que su experiencia como seminarista podrá ayudarle?

Si, aínda que este seminario e completamente diferente ao que eu vivín. Este seminario estaba masificado e éramos mais de cen rapaces, con varios formadores. A relación con eles era incluso moi puntual, porque o seminario funcionaba de forma espontánea; e dicir, os maiores coidabamos dos pequenos e había unha solidariedade horizontal en todo o seminario.

Nestes momentos, hai un acompañamento, coñeces perfectamente os rapaces, hai un clima familiar, podes traballar mellor a proximidade… Cousas que fai trinta anos eran impensables. O mellor nunca falabas con ningún formador en catro anos que poidas botar aquí.

En ese sentido, ¿el formador se ha convertido en una figura todavía más importante?

Si, porque es parte da súa familia; ocuparías o rol do pai o da nai. Por exemplo, os internos son moi pouquiños e tes unha convivencia diaria, non podes escaparte de relacionarte con eles: comes con eles; acompáñalos; escóitalos; cóntanche as súas vicisitudes do día, os seus problemas, as súas dificultades… Non podes abstraerte diso. E se vai estar mal non podes non facer caso dese problema que ten, terás que escoitalo.

 

Como rector, no sólo ejerce un papel importante con los alumnos, sino también con formadores y profesores.

O reitor é un pouco o animador, tanto cos formadores como cos profesores. A súa primeira tarefa e iso: axudar a animar, ilusionar; e nun segundo momento, crear equipo, procurar que estean unidos, que haxa diálogo, motivalos, darlles cancha para o traballo; é dicir, darlles espazo para que poidan desenrolar as súas capacidades como profesores.

Temos un bo claustro de profesores, polo que a miña tarefa aquí non é dicirlles o que teñen que facer; máis ben, abrirlles portas e xanelas para que voen porque teñen esa capacidade, porque son moi bos profesores; deixarlles potenciar as súas cualidades como pedagogos e mestres; permitirlles explotar a súa creatividade para que poidan facer do centro un lugar de referencia pola calidade, pola proximidade, pola familiaridade.

Esa é unha das fortalezas máis importantes que ten o Seminario.

O ter unha ratio tan pequena de profesor-alumno, o profesor, se é creativo, ten unha potencialidade moi grande cos alumnos porque son moi poucos e pode traballar moi ben coñecendo as súas dificultades, necesidades, adaptando o material, personalizándoo.

Cos formadores, toca crear sobre todo unha piña, un equipo; crear confianza entre nós para que serva de experiencia para aqueles que entran a traballar con nós, como Gabriel, e poidan aprender o que é o traballo en equipo. Os curas estamos moi educados no traballo en solitario, porque imos estar nunha parroquia solos, pero precisamente un elemento positivo aquí no Seminario é descubrir o sentido comunitario tamén do sacerdocio: ser curas abertos a unha comunidade, o traballo en equipo e apoiándonos.

 

¿Cómo va a afrontar el Seminario todo lo relativo al coronavirus?

Seguindo o protocolo da Xunta, porque é moi concreto e non deixa moito espazo para ser creativo. O importante e cumprir o protocolo e crear o equipo COVID e, na medida do posible, estar atentos a todo problema que poida haber. Incluso adiantarnos un pouco á situación que se poden dar nun futuro, por exemplo, coa creación da plataforma dixital. Iso vai darnos unha seguridade de que as clases non se van interromper. Cambiarán de modalidade, a semi-presencial ou online, pero as clases continúan.

 

¿Qué mensaje transmitiría a los padres y a los alumnos en medio de esta pandemia?

Fai uns días, tiñamos unha reunión de país e eu lles dicía dúas palabras da Biblia. Inspirábame no como Deus se presenta ante os homes. Normalmente, hai unha dobre mensaxe.

Por unha banda, «non teñades medo», que o medo non nos paralice. El ten ese poder de poñer angustia na nosa vida. Temos que estar preocupados e ter interrogantes sobre como vai a ser a situación, pero nunca medo.

A segunda mensaxe que transmite Deus cando se presenta é: «Eu estarei convosco». Nos estaremos acompañando, estaremos aí para o que precisen. Os alumnos e as familias deben saber que nos preparamos para este tema. Recibimos unha formación como tódolos profesores. Temos un centro que ríspeta moito mellor a ratio.

Gustaríame que recordaran o seminario como unha boa experiencia, aínda que nunca volvan entrar nun centro relixioso ou nunha igrexa. O meu máximo desexo e transmitir unha idea positiva de Seminario, de ser cura, de igrexa, de Xesús, para que nun futuro o mellor poida medrar.

¿Cómo ser una autoridad sin ser un dictador, pero tampoco un colega con los chavales?

Iso é o máis complexo. Podemos dicir que o pecado da autoridade de hoxe en día e caer no coleguismo e o pecado en épocas pasadas caer no autoritarismo, no «eu ordeno e mando». Saber equilibrar e atopar o termino medio é complicado, é un arte podemos dicir.

Volvo a Biblia. Dende sempre, na maior parte dos textos, intentase educar os novos funcionarios, reis, sacerdotes… Calquera que teña unha autoridade. Dende o principio se vía a dificultade do traballo pedagóxico. Como poder artellar diferentes aspectos para poder desenvolver unha actividade tan complexa como é educar a un rapaz.

Eu que empezo unha nova etapa debo atopar ese punto exacto. O meu obxectivo é estar o suficientemente próximo como para acompañalos e que poidan contarme os seus problemas, pero tamén que saiban que eu non son un mais dentro da comunidade, senón que son o reitor e tamén teño unha autoridade e unha responsabilidade sobre eles.

¿El mayor miedo en esta etapa?

Precisamente unha das cousas que sempre intento inculcar, e transmitir, é que non hai que ter medo a nada. Eu non teño medo, nin cando vou a unha parroquia, nin cando enfronto un novo reto, nin cando veño de reitor o seminario.

Si que hai cousas que non sei como se van a desenvolver, que me poido cuestionar e preguntar. Por exemplo, este ano a miña maior dificultade vai ser conxugar as diferentes frontes que teño abertas: as clases en Santiago e en Vigo, coa dirección do Centro Teolóxico; a preparación das clases; a convivencia no seminario; as clases de filosofía na secundaria, a capelanía das clarisas…

Son varias cousas que  tes que conxugar e claro, como aínda non comecei, esa é a dificultade que eu vexo, como se vai desenvolver todo iso. Como vou conxugar esas misións co meu traballo no seminario e, ademais, coa miña vida persoal, coa familia e cos amigos.

Pero se «Deus está comigo, quen contra min» (Rm 8, 31). Nada diso nos pode vencer coa axuda de aquel que nos creou.

¿Un deseo para el futuro?

Sobre todo, axudar. Poder acompañar aos rapaces, conseguir que se sintan queridos, valorados, e que sexa unha boa experiencia para eles. Oxalá o seu paso polo seminario non sexa traumático; que non digan: “eu nunca mandaría a un fillo meu para o seminario”. Todo o contrario.

Gustaríame que recordaran o seminario como unha boa experiencia, aínda que nunca volvan entrar nun centro relixioso ou nunha igrexa. O meu máximo desexo e transmitir unha idea positiva de Seminario, de ser cura, de igrexa, de Xesús, para que nun futuro o mellor poida medrar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp