3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

#YoFirmoElTestamentoVital

#YoFirmoElTestamentoVital

A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española creou a campaña #YoFirmoElTestamentoVital na que participaron diferentes personalidades públicas como Javier Nieves, locutor de Cadena 100, e Cristina López Schlichting, directora da Fin de Semana en COPE.

Asemblea Plenaria aprobou, no encontro que celebrou do 19 ao 23 de abril de 2021, un novo texto de Declaración de Instrucións previas e vontades anticipadas, tamén coñecido como testamento vital.

A Conferencia Episcopal convida a asinar este documento, que é a expresión escrita da vontade dun paciente sobre os tratamentos médicos que desexa recibir, ou non está disposto a aceptar, na fase final da súa vida. O testamento vital tamén especifica que se administren os tratamentos adecuados para paliar os sufrimentos, pero que non se aplique a eutanasia. Ademais, solicítase unha atención espiritual.

Xunto ao documento, ofrécense unhas suxestións ou indicacións prácticas para facilitar a realización e posterior inscrición no rexistro de vontades, un procedemento importante para que teña valor xurídico.

Pódese encontrar máis información sobre este tema clicando no siguiente enlace no que, ademáis, se pode descargar os documentos aprobados pola Asamblea Plenaria.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp