3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Xornada de formación para «vocacionar a pastoral diocesana»

Xornada de formación para «vocacionar a pastoral diocesana»

O sábado 25 de marzo, ás 10.30 horas, no Seminario Maior «San José» de Vigo, a delegación de Pastoral Vocacional da diocese de Tui-Vigo organiza unha xornada de formación para axentes de pastoral —catequistas, voluntarios de Cáritas , profesores de relixión, etc.— que impartirá o sacerdote franciscano Miguel da Mata, OFM, baixo o título «Vocacionar a pastoral diocesana. Acompañamento e discernimento».

Anxo Carniceiro, delegado de Pastoral Vocacional de Tui-Vigo, convida a participar nesta xornada «para gozar dunha mañá de encontro e formación na que poidamos profundar no sentido da vocación, especialmente, en dúas direccións: o acompañamento e o discernimento». Neste sentido, explica que «se trata de axudar a todos os axentes que están en primeira liña da pastoral diocesana a tomar conciencia do valor do valor da nosa vocación, a vivir o noso servizo á Igrexa desde esta clave vocacional e a converternos en acompañantes que axuden aos nosos máis novos a discernir a vocación particular, en calquera dos ámbitos nos que se desenvolve a acción pastoral».  

Este encontro formativo completa as accións que a delegación diocesana de Pastoral Vocacional organiza, durante o mes de marzo, para visibilizar a xornada do «Día do Seminario» que, baixo o lema, «Levántate e ponte en camiño», a Igrexa en España celebrou o domingo 19 de marzo, para pedir, dar grazas e mostrar a nosa proximidade cos seminaristas, os seus formadores e as vocacións sacerdotais. O obxectivo das actividades desenvolvidas durante este mes consiste en crear espazos diocesanos para poder reflexionar sobre a vocación, pero tamén revivir e facilitar a experiencia de descubrir a propia vocación.

Sobre Miguel da Mata Merayo, OFM

Naceu en Ponferrada (León) en agosto de 1966. En 1987, comezou os seus estudos de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e, posteriormente, licenciouse en Ciencias da Educación —na especialización de Pedagoxía para a Formación Relixiosa— na Pontificia Universidade Salesiana de Roma. Na actualidade, compaxina as súas responsabilidades como sacerdote franciscano coas súas tarefas como profesor de Teoloxía Pastoral en Instituto Teolóxico Compostelán.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp