3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Unha carta e unha invitación

Unha carta e unha invitación

Todo comezou hai un ano, cando  Aragonta Rodríguez quería saber cando se celebraba o seu santo. As súas dúas irmás,  Suevia e Galicia, celébrano cada ano o 25 de xullo co seu pai Santi, quen, levado pola tenacidade da súa segunda filla, decidiu que a mellor forma de pescudar a data da súa onomástica era preguntarlle ao Bispo.

E así o fixo. Durante o verán, Santiago Rodríguez enviou unha carta ao bispado dirixida a don Luís  Quinterio. Para sorpresa de toda a familia, don Luís concertou unha audiencia con eles o pasado nove de setembro. No  martirologio romano non aparece ningunha onomástica de  Aragonta, pero crese que se podería celebrar o 1 de marzo, día de San Rosendo quen foi sobriño da raíña galega.

Santi e a súa muller, 
Lela López, viven en Salceda de Caselas. «Nada de diminutivos;
nin  Gali, nin  Suevi, nin Ara
», afirma por teléfono.
Desde que son pequenas, el e a súa muller procuraron que ás súas fillas
chámeselles polo seu nome completo; polo momento, conseguírono.

Galicia ten xa 14 anos e as súas irmás xemelgas,  Aragonta e 
Suevia, 11. Ás tres encántanlles as manualidades e dáselles moi ben
lettering, coméntanos o seu pai
por teléfono.

A familia ao completo sentese feliz e agradecida despois da audiencia con don Luís, a quen espera visitar o próximo ano. Antes de colgar, un desexo para este novo curso: oxalá os nenos non teñan secuelas despois desta pandemia. «Suevia é moi consciente de todo isto», comparte o pai, «se hai que repetir un curso, repítese, pero que non queden secuelas psicolóxicas».

Aragonta, de raíña a monxa benedictina

Descendente dos condes de Deza,  Aragonta casou co rei  Ordoño II ao redor do ano 921. Pouco menos
dun ano durou a unión ata que o rei decidiu abandonar á moza por unha nova
muller.

Tras o incidente, a raíña 
Aragonta retirouse á actual Salceda, onde terminou por profesar como
monxa no mosteiro benedictino de Santa María de Salceda. Alí foi sepultada no
último  tercido do 900.

Suevia, un nome para representar un país

Suevia é un 
antropónimo feminino que deriva dun topónimo ou onomástica xeográfica.
Este nome procede do país da antiga Xermania situado entre os ríos Elba e  Vístula

Os  suevos, cara ao
ano 406,  migraron cara á  Galaecia (a actual Galicia, Asturias, León e
norte de Portugal), onde se estableceron preto do ano 420. Tiveron por capital
Braga e foron  evangelizados por San
Martín de  Dumio (579).n

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp