3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Un encontro para descubrir o camiño do amor e da entrega

Un encontro para descubrir o camiño do amor e da entrega

Mércores. 20:53 h.

No interior da igrexa do Inmaculado Corazón de María de Vigo, o silencio interrómpese polos murmurios que chegan do exterior. Na porta de entrada, un grupo de mozos de entre dezasete e trinta anos comentan alegres como foi a súa semana.

O sacerdote dá a bendición, pero antes un aviso: ás nove comeza a adoración organizada pola Delegación de Pastoral Xuvenil. A maior parte dos asistentes saen dispostos a regresar ás súas casas; outros, sentan no seu asento á espera do que poida suceder a continuación.

Os mozos entran. Un pequeno grupo, o dos músicos, coloca micros e instrumentos nos primeiros bancos; son os encargados de testemuñar a verdade das palabras de San Agustín “o que canta, ora dúas veces”. Outros adornan o altar con luces e mantos.

O noso bispo, don Luís, revístese na sancristía. Acudiu a acompañar aos mozos, neste inicio de curso. Tras expoñer ao Santísimo na custodia, don Luís diríxelles unhas palabras. Quere lembrarlles a importancia de descubrir a Jesús como o mestre interior e alertarlles dun perigo: buscarse a un mesmo é o camiño equivocado, que non conduce á felicidade e apártanos dos demais.

Nas palabras do noso bispo, un rogo: «pedirlle ao Señor e aos irmáns que nos axuden a introducirnos nese camiño de Jesús que é o camiño do amor, da entrega, da adoración, da xenerosidade. E ese camiño é só Xesucristo».

Unha moza da diocese, dirixe a oración; outra proclama o Evanxeo do domingo. Os tempos de silencio bailan compasados coa música, que crea un ambiente de intimidade e de encontro.

Cando un quérese dar conta, son as dez da noite; o momento de  Tabor chega ao seu fin. As voces dos presentes elevan as súas peticións espontáneas. Don Luís levántase para dar a bendición; antes un último desexo: atopar unha maneira sa de vernos no medio das dificultades actuais.

Música, Evanxeo e adoración

Cada mércores desde hai un ano, a Delegación de Pastoral Xuvenil organizan unha adoración cos mozos da diocese, que acoden á súa cita con Jesús no Inmaculado Corazón de María. O encontro comeza ás 21:00 h., despois da misa diaria.

Durante unha hora, os participantes oran co Evanxeo do domingo. Cada semana, un mozo diferente encárgase de preparar a reflexión e guiar a oración. Un grupo de músicos acompañan os cantos que introducen o ambiente de adoración.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp