3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Último encontro formativo da «Escola de Catequistas»

Último encontro formativo da «Escola de Catequistas»
Foto: Primer encuentro de la «Escuela de Catequistas», en el Seminario Mayor de Vigo

Desde o luns 17 ao sábado 22 de abril, a delegación diocesana de Catequese organiza o último encontro formativo da «Escola de Catequistas», previsto para este curso pastoral. O obxectivo desta escola é ofrecer formación permanente para os novos e veteranos catequistas presentes na diocese de Tui-Vigo, tal e como pon de manifesto o Novo Directorio para a Catequese, que o Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evanxelización publicou en xuño de 2020.  O equipo de Catequese de Galicia, formado polas delegacións da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela, desenvolveu os materiais que se empregaron durante todos estes encontros.

En total, ao longo deste curso pastoral, a delegación programou catro encontros formativos, cada un deles, en diferentes zonas do territorio eclesial da diocese para facilitar a participación dos 617 catequistas que, voluntaria e gratuitamente, dedican tempo á formación dos catecúmenos que se preparasen para recibir os sacramentos de iniciación cristiá —Bautismo, Primeira Comuñón e Confirmación—, nalgunha das 276 parroquias que compoñen a diocese de Tui-Vigo.

As datas e lugares concretos dos encontros previstos para a próxima semana son:

  • Luns 17 de abril , ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación de Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa.
  • Martes 18 de abril , ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 21 de abril, ás 20 horas, nos locais parroquiais de Santa María do Porriño.
  • Sábado 22 de abril , ás 11 horas, no Seminario Maior «San José» de Vigo.

Para o mes de maio, a delegación de Catequese propón finalizar o curso dunha maneira máis festiva con dúas citas marcadas no calendario pastoral: o sábado 6 de maio, no Seminario Maior de Vigo, a Asemblea Diocesana de Catequistas; e o sábado 20 de maio, no colexio Maristas de Tui, o Encontro Diocesano de Catequese. Mediante ambos os encontros, a delegación diocesana quere crear un espazo de encontro para compartir experiencias.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp