3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Tui acolleu o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia

Tui acolleu o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia
Foto: Asistentes al Encuentro de Agentes de Pastoral Familiar de Galicia | © Leandro Rivero

Durante o 18 e 19 de novembro, o colexio Santa María de Tui acolleu o Encontro de Axentes de Pastoral das cinco dioceses galegas —Santiago de Compostela , Mondoñedo-Ferrol, Lugo, Tui-Vigo e Ourense—, ao que asistiu máis de medio centenar de persoas para formarse en acompañamento a parellas, matrimonios e familias.

O encontro abordou as propostas contidas en Itinerarios  catecumenales para la vida matrimonial, un documento publicado polo Dicasterio para os Laico, a Familia e a Vida, en xuño de 2022. O texto, tal e como explica o papa Francisco no prefacio introdutorio, é unha ferramenta pastoral que xorde ante a «a necesidade dun “novo catecumenado” en preparación ao matrimonio» e puntualiza que «existe ante todo o deber de acompañar con responsabilidade a quen expresa a intención de unirse en matrimonio, para que sexan preservados dos traumas da separación e non perdan nunca a fe no amor».

Os encargados de impartir a formación acerca destes novos itinerarios foron os delegados de Pastoral Familiar de Bilbao, Fran Albalá e Toñi caro, que, entre outras cuestións, profundaron na necesidade de iniciar procesos que acompañen aos adolescentes no coñecemento e discernimento da vocación matrimonial, así como expuxeron algunhas das principais aptitudes dos axentes de pastoral na área da pastoral familiar. Ao día seguinte, a directora da Oficina de Medios da diocese de Tui-Vigo, Carolina Buceta, ofreceu algunhas claves sobre como comunicar propostas aos diferentes públicos.

O encontro finalizou coa eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, na catedral de Tui. Durante a celebración, o prelado tudense destacou o importante labor que desenvolven os axentes de pastoral, especialmente, no ámbito da pastoral familiar. Mons. Luís Quinteiro tamén agradeceu o compromiso e o servizo de todas as persoas que en Galicia dedícanse a acompañar ás parellas, matrimonios e familias.

Para a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo, esta cita na cidade tudense constitúe unha oportunidade para promover o encontro e a formación dos diferentes axentes de pastoral familiar, á vez que busca potenciar o acompañamento familiar en parroquias e movementos da carácter diocesano.

Encuentro de Agentes de Pastoral Familiar de Galicia | © Leandro Rivero
« de 45 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp