3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Stella Maris vela polos traballadores do mar desde o Comité de Benestar

Stella Maris vela polos traballadores do mar desde o Comité de Benestar
Foto: Asistentes a la reunión del lunes para impulsar el Comité de Bienestar | © Puerto de Vigo.

Desde este luns, 24 de xaneiro, o Centro de Atención ao Mariño  Stella  Maris de Vigo forma parte do Comité de Benestar que a Autoridade Portuaria da cidade olívica ha posto en marcha para crear un lugar de encontro que velará pola dignidade do traballo das xentes do mar. Este futuro Comité estará integrado por responsables doutras institucións públicas —como a Policía Local e Nacional ou o Instituto Social da Mariña— e organizacións sen ánimo de lucro —como a Cruz Vermella ou a mesma  Stella  Maris—. 

A este encontro tamén asistiu, de maneira virtual, o responsable de  Stella  Maris Barcelona,  Ricard Rodríguez, para contar os froitos do traballo realizado na cidade condal e avogar pola importancia da “sustentabilidade social”, de acompañar e orientar aos mariños baixo o lema de “un fogar lonxe do fogar” para lograr que o porto “sexa máis humano”.

Precisamente, a Autoridade Portuaria, xunto a outras institucións que traballan nas súas instalacións como é o caso de  Stella  Maris, buscan crear un lugar de encontro  baseado no diálogo fluído, onde se dea solución aos múltiples obstáculos aos que ten que enfrontarse este colectivo día a día. En definitiva, facilitar o acceso dos traballadores do mar aos servizos en terra, melloralos e detectar novas necesidades para facilitar así a estancia no Porto e na cidade.

Durante todo este ano, a diocese de Tui-Vigo continuou reforzando o labor de que desde hai un século realiza o Apostolado do Mar en España e, máis concretamente, no territorio diocesano a través do equipo humano da delegación que lidera Elvira  Larriba como responsable de  Stella  Maris desde febreiro de 2021; a través de accións de sensibilización —a procesión marítima da Cruz de  Lampedusa durante os meses de marzo e abril de 2021— para recoñecer as difíciles condicións das xentes do mar; ou o acompañamento en momentos de soidade dos mariñeiros illados no porto Vigués lonxe da súa familia —grazas á campaña «Gorros que non só abrigan», han  dulcificado a estancia de máis de 80 mariñeiros que permaneceron en Vigo durante o Nadal—. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp