3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Semana Santa | Nota Informativa sobre liturxia

Semana Santa | Nota Informativa sobre liturxia

A delegación episcopal de Pastoral Litúrxica publica unha nota informativa para resolver as dúbidas suscitadas nesta semana Santa marcada pola pandemia.

Ante a inminencia da Semana Santa, o delegado de Liturxia José Diéguez diríxese a todos os sacerdotes diocesanos para aclarar posibles dúbidas suscitadas por mor da nota publicada pola Comisión de Liturxia da Conferencia Episcopal Española sobre o desenvolvemento dos actos nas parroquias.

Entre os cambios para as estas datas, destaca a suspensión da procesión e a bendición de ramos no exterior dos templos. De facerse, tal e como se explica na nota, deberá realizarse desde o presbiterio omitindo a proclamación do Evanxeo da Entrada e a procesión, para proceder a continuación coa celebración  eucarística.

Para cumprir as medidas de hixiene e seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, o Xoves Santo na misa Vespertina da Cea do Señor quedará omitido o tradicional  lavatorio dos pés. Ao día seguinte, durante a adoración á Cruz, queda suprimido todo xesto que implique tocar e bicar a imaxe, polo que se recomenda a adoración desde o lugar ocupado en igrexa.

Tamén durante a Vixilia Pascual queda suprimida a procesión do  Lucernario e a repartición de  cirios entre os fieis. Durante a bendición do lume e a dedicación do  Cirio Pascual, que se fará na porta do templo co pobo situado nos seus lugares na igrexa, estarán só o presidente da celebración e o número indispensable de ministros.

A delegación episcopal de Pastoral Litúrxica pon ao dispor do clero as notas informativas publicadas pola Conferencia Episcopal Española e pola propia delegación. Poden descargarse en formato PDF nas seguintes ligazóns.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp