3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Segunda sesión das «Escolas de catequistas»

Segunda sesión das «Escolas de catequistas»
Foto: Asistentes a una sesión de la «Escuela de catequistas», en A Ramallosa

Do 11 ao 15 de decembro, a delegación de Catequese da diocese de Tui-Vigo organiza a segunda sesión das «Escolas de catequistas», co obxectivo de ofrecer formación permanente para novos e veteranos catequistas, tal e como pon de manifesto e. o novo Directorio para a Catequese, publicado polo Pontificio Consello para a Promoción da Nova Evanxelización. «Catequistas para servir» é o lema sobre o que pivotarán todas as sesións deste ano.

Durante toda a semana, impartirase a mesma sesión formativa, pero en diferentes horarios e zonas da xeografía diocesana para facilitar a participación dos catequistas. A continuación, móstranse os horarios da próxima sesión:

  • Luns 11, ás 20 horas, na casa de espiritualidade da congregación Apostólicas do Sagrado Corazón de Xesús na Ramallosa.
  • Martes 12, ás 20 horas, no salón parroquial de Santiago de Redondela.
  • Venres 15, ás 20 horas, na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros .
  • Sábado 16, ás 11 horas, no Seminario Maior de Vigo.

As «Escolas de catequistas», así como as demais citas diocesanas, son unha oportunidade para establecer espazos de formación e encontro entre os diferentes catequistas que, de maneira voluntaria, colaboran na Igrexa de Tui-Vigo convertendo a catequese en «unha experiencia viva da fe», na que é determinante o encontro persoal entre catequistas e catecúmenos, tal e como expresou o papa Francisco en setembro de 2022.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp