4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal
4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal

Coñeces a nova sección de “recursos”?

Coñeces a nova sección de “recursos”?

“Recursos”, a nova sección da web diocesana incluída no apartado de “Pastoral”, nace para converterse nun espazo que contribúa a promover unha mellor experiencia de fe para as comunidades cristiás e os seus fieis, quen poderá atopar alí materiais litúrxicos para animar as celebracións dominicais ou outros encontros de oración.

Actualmente, púxose ao dispor dos diocesanos e diocesanas os  salmos cantados en galego da liturxia do domingo que a delegación de Liturxia está a desenvolver desde o pasado mes de decembro. Polo momento só se conta coas  antífonas dos tempos de Advento, Nadal e o comezo do Tempo Ordinario, todos pertencentes ao Ciclo  B, pero proximamente irase actualizando ata completar o actual ciclo e os restantes.

Xunto cos  salmos, ofrécense tamén as lecturas dominicais en galego para todas aquelas parroquias, asociacións ou movementos interesadas en celebrar a liturxia no idioma propio da comunidade autónoma.

 A Diocese de Tui-Vigo, consciente da importancia da dinamización no mundo dixital, busca adaptarse ás sucesivas necesidades das persoas que forman as comunidades desta Igrexa local, creando un medio que responde as súas inquietudes. Por iso, queremos coñecer a túa opinión: a que outros recursos gustaríache acceder desde a web diocesana?

Cuestionario:

¿Qué otros recursos te gustarían encontrar en la web diocesana?
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp