O vindeiro venres 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, celébrase en España o Día do Seminario.
O lema escollido pola Subcomisión Episcopal de Seminarios da Conferencia Episcopal Española foi «Pai e irmán, como san Xosé».
Este ano, o Día do Seminario celébrase, se non con máis razón, polo menos con maior forza grazas á publicación realizada polo papa Francisco o pasado 8 de decembro de 2020, na que declaraba 2021 como Ano Xubilar de san Xosé, patrón dos seminarios. Este anuncio non foi casual pois coincidía co 150 aniversario da declaración realizada por Pío IX na que proclamaba a san José como patrón da Igrexa católica.
A Subcomisión Episcopal de Seminarios da CEE, que escolleu como lema ««Pai e irmán, como san Xosé», preparou uns materiais que poden axudar ás diferentes comunidades cristiás —parroquias, movementos, seminarios, delegacións diocesanas, etc.— a celebrar e visibilizar o traballo realizado por estas institucións eclesiais encargadas de formar aos sacerdotes do presente e do mañá.
A reflexión teolóxico pastoral comeza remarcando o carácter especial da xornada deste ano e afirmando que «os seminarios estamos de parabén, pois vivimos na confianza de saber que san Xosé é tamén patrón dos seminarios e pai dos seminaristas». Tal e como explica o documento, na actualidade a figura de san Xosé ten un valor especial pois «como pai xudeu encargado da educación do seu fillo foi “o primeiro formador” dun seminario».
Os materiais da Conferencia Episcopal Española poden descargarse, tanto en español como en galego, a través das seguintes ligazóns.