3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Retiro espiritual con motivo do Día da Igrexa Diocesana

Retiro espiritual con motivo do Día da Igrexa Diocesana
Foto: Exterior del templo parroquial de Santiago el Mayor de Vigo | © Santiago Vega

Con motivo do Día de la Iglesia Diocesana que, nesta ocasión, celebrarase o 12 de novembro baixo o lema «Orgullosos da nosa fe», o Consello Diocesano de Laico e a Confraría de Santiago Apóstolo organizan un retiro espiritual o sábado 11 de novembro, de 10 a 13 horas, no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo. «A alegría de ser familia» é o título deste retiro que predicará o sacerdote diocesano Santiago Vega.

O Día da Igrexa Diocesana é unha xornada para lembrar e agradecer a pertenza a unha comunidade cristiá, é dicir, para tomar conciencia de que somos membros dunha gran familia. O que a Igrexa fai «é grazas ao tempo, as calidades, a oración e o apoio económico de todo o pobo de Dios».

«Orgullosos da nosa fe» é o lema escollido polo secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española, co que se pon de manifesta unha realidade: no contexto social actual non é fácil recoñecerse como crente en moitos ambientes. Así, convida a quitarse ese “sentimento” de “certa vergoña” para «mostrar “orgullosos da nosa fe” o que somos e o que facemos, con humildade, convencidos de que Cristo e o Evanxeo fan deste mundo un lugar mellor».

Po iso, cada ano, o Día da Igrexa diocesana pon en marcha esta Campaña para reforzar ese sentimento de pertenza dos crentes e para “tocar” o seu corazón, tamén o daqueles que, por distintas circunstancias da vida, afastáronse da práctica relixiosa. Porque a celebración e a vivencia da fe son un motivo de alegría nun mundo sedento de esperanza. Tamén é unha oportunidade para recoñecer e agradecer todo o ben que fai a Igrexa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp