3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Pastoral Familiar de Tui-Vigo convoca o I Encontro «Construíndo Familia»

Pastoral Familiar de Tui-Vigo convoca o I Encontro «Construíndo Familia»

Este sábado, 14 de novembro, ás 11:00 da mañá, a Delegación de Pastoral Familiar da Diocese organiza o I Encontro «Construíndo Familia», que forma parte das actividades marcadas no Plan Pastoral diocesano para o curso 2020-2021. O encontro que, nun principio, pretendía ser presencial na parroquia da nosa Señora do Rocío desenvolverase vía  online debido ás restricións establecidas con motivo da pandemia do COVID-19.

«Fortalecer aos nosos fillos» é o tema que se abordará este sábado neste primeiro encontro, co obxectivo de lanzar un par de claves que poidan axudar ás familias no crecemento persoal dos seus fillos. A charla impartiraa Inmaculada Gándara, profesora de filosofía e ética no IES Branco Amor de Ourense e escritora, xunto con Xosé Manuel Domínguez, da obra Valores Éticos.

A iniciativa «Construíndo Familia» que lanzou a Delegación de Pastoral Familiar vai dirixida a todas as persoas interesadas en coidar e acompañar o crecemento das familias, especialmente, para todos os axentes que imparten cursos  prematrimoniais.

Todos aqueles interesados en participar este sábado no relatorio, poderán inscribirse a través do correo electrónico: pastoralfamiliartuivigo@gmail.com. Unha vez rexistrados, os participantes recibirán a ligazón para conectarse vía telemática.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp