3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O papa Francisco convoca unha Xornada de Oración e Xaxún pola Paz

O papa Francisco convoca unha Xornada de Oración e Xaxún pola Paz
Foto: El papa Francisco durante una audiencia general en la plaza de San Pedro | © Vatican News

Ante o temor pola situación que se vive en Terra Santa e nos demais focos de guerra do mundo, o papa Francisco convocou unha Xornada de Oración, Xaxún e Penitencia pola Paz, que se celebrará na basílica de San Pedro do Vaticano, ás 18 horas do venres 27 de outubro.  O pontífice tamén pide ás igrexas particulares que promovan iniciativas similares e convida os crentes de todas as confesións a sumarse a esta xornada.

En concreto, a Vigairía de Pastoral da diocese de Tui-Vigo alenta a todas as comunidades parroquiais, movementos e asociacións diocesanas a sumarse a esta convocatoria a través do rezo do rosario, da exposición eucarística ou da celebración da misa, pedindo pola paz no mundo, tal e como expresa o papa Francisco, «non de palabra, coa oración e coa dedicación total».

Chamamento do papa Francisco para sumarse á Xornada de Oración, Xaxún e Penitencia

18 de outubro de 2023

Tamén hoxe o pensamento vai a Israel e Palestina. As vítimas aumentan e a situación en Gaza é desesperada. Fágase, por favor, todo o posible para evitar unha catástrofe humanitaria!

Preocupa a posible prolongación do conflito, mentres no mundo xa hai moitas frontes de guerra abertos. Calen as armas! Escóitese o berro de paz dos pobos, da xente, dos nenos! Irmáns e irmás, a guerra non resolve ningún problema, só sementa morte e destrución, aumenta o odio e multiplica a vinganza. A guerra cancela o futuro. Exhorto aos crentes para tomar neste conflito unha soa parte: a da paz; pero non de palabra, coa oración, coa dedicación total.

Pensando en isto, decidín convocar, o venres 27 de outubro, unha xornada de xaxún e oración, de penitencia, á que convido a unirse, da forma que consideren oportuno, ás irmás e os irmáns das varias confesións cristiás, os pertencentes a outras relixións e a cuantos teñen no corazón a causa da paz no mundo. Esa tarde ás 18:00 en San Pedro viviremos, en espírito de penitencia, unha hora de oración para implorar sobre os nosos días a paz, a paz neste mundo. Pido a todas as Igrexas particulares que participen, preparando iniciativas similares que involucren ao Pobo de Dios.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp