3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O Instituto San José de Vigo honra a Santa Catalina, patroa dos filósofos

O Instituto San José de Vigo honra a Santa Catalina, patroa dos filósofos

O Instituto Teolóxico San Xosé de Vigo celebra unha solemne Eucaristía, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, para honrar a Santa Catalina de Alexandría, patroa dos filósofos, o vindeiro mércores 25 de novembro ás 12:00  h na capela do Seminario Maior de Vigo.

O habitual acto académico, que constaba de varias conferencias e tiña lugar no salón de actos do Seminario Maior tras a celebración litúrxica, queda suspendido debido ao actual Estado de alarma e ás restricións de mobilidade estipuladas polas institución públicas.

Para garantir a seguridade dos asistentes fronte ao COVID-19, o aforo estará reducido a un terzo da capacidade máxima da capela do Seminario Maior, tal e como rexe a normativa vixente.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp