3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O colexio Jesuitinas-Miralba acredítase como o primeiro «colexio do mundo» de Escolas Católicas en Galicia

O colexio Jesuitinas-Miralba acredítase como o primeiro «colexio do mundo» de Escolas Católicas en Galicia

Desde este mes de maio de 2023, o centro educativo Jesuitinas-Miralba de Vigo ofrece o Programa Diploma da organización do Bacharelato Internacional (IBM), converténdose así no primeiro «colexio do mundo» de Escolas Católicas de Galicia que inclúe este programa dentro da súa oferta formativa para alumnos de 16 a 18 anos. O colexio, que ofrece atención personalizada para todas aquelas familias interesadas neste programa, xa abriu o prazo de admisión e matrícula.

A directora do colexio Jesuitinas-Miralba de Vigo, Beatriz Tenorio, afirma que recibir a acreditación do Bacharelato Internacional «requiriu un longo e esixente proceso para certificar os estándares que demanda a institución do IB». Para este centro vigués, tal e como sinala a directora, dar este paso supuxo unha evolución natural na aposta polas metodoloxías activas que xa poñen en práctica desde hai 10 anos. 

A organización do Bacharelato Internacional é unha fundación educativa creada en 1968 en Xenebra (Suíza), con sede global en Washington (USA). Imparte os seus programas en máis de 4.500 colexios de 147 países e son máis de 1.130.000 alumnos os que os cursan co obxectivo de converterse en « cidadáns do mundo». O currículo do Programa Diploma (PD) fai fincapé tanto na amplitude como na profundidade do coñecemento que, grazas aos seus seis grupos de materias e os compoñentes troncais, distíngueno do bacharelato tradicional: Teoría do Coñecemento (TdC), Creatividade, Acción e Servizo (CAS) e a Monografía (un traballo de investigación independente).

O obxectivo do Programa Diploma é brindar unha educación rigorosa e equilibrada que, ao outorgar unha titulación de acceso á universidade recoñecida internacionalmente, facilita a mobilidade xeográfica e cumpre, á vez, o propósito máis profundo de fomentar o entendemento mutuo e o respecto intercultural.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp