3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía en Nosa Señora de Fátima en Vigo

O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía en Nosa Señora de Fátima en Vigo
Foto: Durante la peregrinación diocesana a Fátima, el obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en la capelinha (2022) | © Diocese de Tui-Vigo

Con motivo da sexta e última aparición da virxe na localidade portuguesa de Fátima, o vindeiro xoves, 13 de outubro, ás 19 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía na parroquia-santuario A nosa Señora de Fátima en Vigo, seguida de procesión coa imaxe da virxe —o percorrido será máis curto que o habitual durante o 13 de maio—. Desde o pasado martes, a comunidade parroquial preparouse para a celebración desta festividade mediante o rezo do rosario e da novena, previo a cada misa.

Ademais desta eucaristía presidida polo prelado de Tui-Vigo, a parroquia-santuario de Fátima ampla o horario de misas durante todo o día: pola mañá haberá celebracións ás 9, 10, 11 e 12; e pola tarde, ás 13, 19 e 21 horas.

Esta celebración en honra á virxe de Fátima constitúe unha oportunidade para achegarse ao sacramento da Reconciliación, sobre o que a virxe María fai fincapé ao longo das súas seis aparicións, polo que haberá sacerdotes dispoñibles nos confesionarios do templo, con regularidade. Juan Luís Martínez, párroco do santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo, lembra que «este trece de outubro é unha gran ocasión para que nós renovemos o amor á Virxe, sexamos fieis ao que a Virxe dinos e, así, poderemos ser tamén unhas claras testemuñas de Cristo».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp