3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O bispo de Tui-Vigo constitúe a Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa

O bispo de Tui-Vigo constitúe a Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa

O pasado 6 de xuño de 2023, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, aprobou a constitución da Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa, formada por un grupo de 8 persoas —sacerdotes e, tamén, profesionais laico vinculados á empresa privada—, seguindo así as recomendacións da Conferencia Episcopal Española (CEE) de constituír unha comisión que sensibilice á comunidade diocesana e traballe pola corresponsabilidade no sostemento da Igrexa, co fin de impulsar a dimensión pastoral, comunicativa e económica da corresponsabilidade eclesial, pola presente, conforme á normativa canónica vixente.

No decreto publicado pola diocese de Tui-Vigo, o prelado tudense nomeou, como membros desta comisión, a: Juan Luis Martínez, vicario xeral; Jesús Martínez, ecónomo diocesano; José Vidal, vigairo de pastoral; Alberto Cuevas, delegado de Medios de Comunicación; Beatriz Arca, arquitecta técnica; Enrique Miguel Mallón, secretario xeral de Asime ; Mª dos Anxos Mouriño, empresaria; e a Santiago Pérez Bouzada, párroco de San Xosé Obreiro e Santa Rita, e de San Xoán de Ávila.

Entre as principais finalidades da comisión destacan:

  • Crear espazo de encontro, diálogo e acción, tanto na Curia diocesana como noutras entidades eclesiais.
  • Manter unha relación fluída cos órganos competentes da CEE. ,
  • Elaborar un plan acerca da corresponsabilidade diocesana.
  • Facilitar que os fieis poidan colaborar e compartir os dons de tempo, talento e diñeiro.
  • Desenvolver un plan que impulse o compromiso e a implicación dos sacerdotes.
  • Apoiar ás parroquias e outras entidades eclesiais na celebración de campañas como o día da Igrexa Diocesana e outras de tipo permanente, facendo descubrir a importancia da comunicación cristiá de bens.
  • Potenciar as novas tecnoloxías e as fórmulas máis adecuadas en cada lugar para recibir as doazóns económicas dos fieis e a comunicación deles.

A constitución da Comisión para o Sostemento da Igrexa reafirma a aposta da diocese de Tui-Vigo polo exercicio da transparencia e o desexo de fomentar a corresponsabilidade como unha forma de vida entre as diferentes delegacións e parroquias que conforman a institución eclesial, para crear unha opinión pública na comunidade cristiá, suscitando o sentido de pertenza e responsabilidade.

Reunión das Comisións Diocesanas para o Sostemento, en Madrid

Durante o 18 e 19 de maio, en Madrid, o secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española organizou as II Xornadas de traballo coas Comisións Diocesanas para o Sostemento da Igrexa. Ao encontro asistiron representantes das comisións diocesanas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela; como representante da diocese de Tui-Vigo acudiu Jesús Martínez Carracedo, ecónomo diocesano.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp