3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O bispo de Tui-Vigo acode a Roma para a Visita ad limina

O bispo de Tui-Vigo acode a Roma para a Visita ad limina
El martes 14 de diciembre, los obispos de la provincia eclesiástica de Galicia celebraron la eucaristía en la basílica de San Juan de Letrán.

Desde o pasado domingo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo, atópase en Roma con motivo da Visita  ad  limina, que os bispos da Igrexa católica adoitan facer cada cinco anos —a última foi no ano 2014— co obxectivo de venerar os sepulcros dos santos apóstolos Pedro e Pablo, e de ser recibidos polo Papa, ao que se presenta un informe sobre o estado de cada diocese. Ademais de peregrinar ás tumbas de San Pedro e San Pablo e de atoparse co Santo Pai, os bispos tamén visitarán algúns  dicasterios.

O 13 de decembro celebrarase a eucaristía na Basílica Pontificia de San Pedro, o 14 de decembro na Basílica Pontificia de  san Xoán de  Letrán, o 15 de decembro na Basílica Pontificia de Santa María a Maior e o 17 de decembro na Basílica Pontificia de San Pablo  extramuros.

Estes encontros son organizados pola Congregación para os Bispos, en coordinación coa Conferencia Episcopal Española e as provincias eclesiásticas.

As orixes históricas da Visita  ad  limina  Apostolorum (expresión que significa “aos limiares – das basílicas – dos Apóstolos, San Pedro e San Pablo”), datan do século IV aínda que foi o Papa Sixto V en 1585 quen a institucionalizou e dispuxo de modo máis sistemático.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp