O mércores 23 de setembro Sabadell Gallego asinou un convenio de colaboración co Bispado de Tui- Vigo. No acto de firma do acordo estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego e o ecónomo do bispado, Jesús M. Carracedo.
O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración que permita dar resposta ás necesidades de produtos e servizos do ámbito bancario en favor das parroquias, centros escolares, empresas, organismos, fundacións, sacerdotes e empregados de todas estas vinculadas ao Bispado de Tui-Vigo.
Sabadell Gallego poñerá tamén ao dispor do Bispado a súa participación no Proxecto Ético e Solidario FI, unha iniciativa de Banco Sabadell co que a entidade bancaria presta axuda económica a proxectos solidarios.
O director xeral de Sabadell Gallego presentou un novo sistema dixital, o proxecto Doe, un sistema electrónico que conta con tres dispositivos (atril, hucha solidaria e lampadario), para a recollida de donativos en efectivo, tarxeta ou con calquera dispositivo dotado da tecnoloxía NFC (contactless) de forma sinxela e en poucos segundos, coa finalidade de colaborar con proxectos concretos de rehabilitación do patrimonio cultural, entre outros.
![IMG_4667](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4667-768x512.jpg)
![IMG_4672](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4672-768x610.jpg)
![IMG_4681](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4681-768x512.jpg)
![IMG_4689](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4689-768x512.jpg)
![IMG_4696](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4696-768x512.jpg)