3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Nota da Vigairía de Pastoral sobre o uso da máscara facial en interiores

Nota da Vigairía de Pastoral sobre o uso da máscara facial en interiores
Foto: Banco de imágenes © Pexels.

Desde o mércores 20 de abril xa non é obrigatorio o uso da máscara facial en interiores, non sendo os casos que especifica a lei: centros sanitarios, residencias de maiores ou medios de transporte públicos.

Así pois, nas igrexas non será obrigatorio usar a mascara facial. Ademais:

  • Non se pode impoñer o seu uso nin prohibilo; tanto os sacerdotes como os fieis teñen o dereito de usar a máscara facial se así o consideran.
  • Será conveniente recomendar o seu uso naquelas circunstancias nas que se vexa prudente. Como sinala o BOE do 20 de abril de 2022:

Se recomienda un uso responsable de la mascarilla en los espacios cerrados de uso público en los que las personas transitan o permanecen un tiempo prolongado. Asimismo, se recomienda el uso responsable de la mascarilla en los eventos multitudinarios. En el entorno familiar y en reuniones o celebraciones privadas, se recomienda un uso responsable en función de la vulnerabilidad de los participantes”.

Boletín Oficial del Estado.

Estas normas que afectan aos lugares de culto son tamén válidas para espazos de catequese, para salóns de actos ou para os propios lugares de culto cando se usen para outros fins, como poden ser, por exemplo, concertos.

Respecto das normas que regulan algúns aspectos a celebración (uso de auga bendita nas pías de entrada, xesto da paz, bicar ou tocar as imaxes de devoción, etc.) convén lembrar que esas normas foron aprobadas pola Comisión Executiva da CEE o 29-04-2020; polo que deberá ser a propia Conferencia quen determine o seu cese ou modificación.

Sobre as procesións convén ter presente que se asiste un número importante de fieis será prudente recomendar o uso da máscara. En todo caso, non debemos esquecer que para celebrar unha procesión pola vía pública debemos contar cos permisos da autoridade municipal.

Un cordial saúdo,

J. Vidal, vicario de Pastoral.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp