3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Nadal no Seminario Menor San Paio

Nadal no Seminario Menor San Paio

O pasado luns, 21 de decembro, a capela maior do Seminario Menor San Paio acollía unha misa presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, para celebrar o atípico Nadal que este ano toca vivir entre confinamentos perimetrais, xel  hidroalcohólico e máscaras.

O bispo,  Mons. Luís Quinteiro, dirixiuse aos once seminaristas internos —Ismael, Mateo, Telmo, Tomás., Luís Daniel, Javier,  Unai, Andrés, Tomás  C, Erik,  Kola— ao seu  formador, Alberto Montes, ao director espiritual, Luís Cedeira, e ao reitor, Antonio  Menduiña, para lembrarlles a importancia de compartir a alegría que, nestes tempos de crise, convídasenos a vivir a través do Evanxeo.

Estes once adolescentes internos comparten a súa formación con outros corenta mozos de entre 12 e 17 anos. O claustro de profesores, formado por catorce profesionais, acompáñalles tratando de ofrecerlles unha educación integral en todos os ámbitos da súa vida.

Agora, coas clases finalizadas ata xaneiro, ata despois da festa de Reis, os internos poderán gozar do reencontro coas súas familias para celebrar a chegada do Nadal.

El obispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, preside la misa en el Seminario Menor San Pelayo para celebrar la Navidad con los once jóvenes internos.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp