3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Mons. Luís Quinteiro convídanos a aprender dos nenos que se admiran de Xesús

Mons. Luís Quinteiro convídanos a aprender dos nenos que se admiran de Xesús

A Igrexa regresou á rúas para conmemorar de maneira multitudinaria a entrada de Xesús en Xerusalén, onde, fai máis de dúas mil anos, foi traizoado, condenado e crucificado, pero tamén, onde resucitou. Co Domingo de Ramos, os fieis da diocese de Tui-Vigo introdúcense xa no misterio da Paixón de Xesucristo, tal e como lembrou o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, na eucaristía que presidiu no templo parroquial de María Auxiliadora na cidade olívica: «A Paixón de Xesucristo non é soamente o recordo dun feito histórico, senón a memoria de que Xesús está presente connosco; está a padecer en cada unha das persoas que sofre e morre ao noso ao redor».

A liturxia do Domingo de Ramos convida a contemplar a Paixón de Xesucristo que os cristiáns rememoran máis concretamente durante o oficio do Venres Santo. O prelado tudense fixo fincapé na actualidade deste misterio da fe que interpela a vida cristiá, «por iso, cando un cristián séntese chamado pola fe, é convidado a compartir a realidade deste mundo, a sentirse corresponsable, a non quedarse na beirarrúa vendo como pasa Xesús camiño da Cruz». A clave, segundo Mons. Luís Quinteiro, para deixarse interpelar por Xesús sufrinte é aprender dos nenos. Así, convidou a toda a asemblea presente no templo salesiano a imitar o exemplo dos nenos que «seguindo a Xesús, descóbrenlle, pensan que Xesús é, realmente, o salvador. Hoxe, imos atopar moitos nenos nas rúas, que se van a admirar e a asociar intimamente con Xesús. Aprendamos deses nenos».

Finalizada a celebración da eucaristía, deu comezo a procesión que, desde Rolda de don Bosco, percorreu as rúas da cidade de Vigo ata Porta do Sol, onde miles de persoas esperaban con palmas e ramos a bendición do bispo de Tui-Vigo. Alí, o bispo de Tui-Vigo dirixiu unhas breves palabras aos nenos e nenas presentes, exhortándoos a contar a súa experiencia de Xesús nesa mañá do Domingo de Ramos, a outros nenos e nenas. A comitiva continuou coa imaxe da boriquiña ata o templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, onde se despediu por fin antes de dar comezo á eucaristía presidida polo prelado tudense.

Eucaristía del Domingo de Ramos en Vigo
Procesión del Domingo de Ramos en Vigo

Domingo de Ramos en toda a diocese

O Domingo de Ramos non só viviuse en Vigo. As 276 parroquias da diocese celebraron e conmemoraron este día realizando a tradicional bendición de ramos e palmas. A catedral de Tui tamén acolleu a celebración dominical e percorreu coa imaxe da boriquiña as rúas tudenses.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp