3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Misa Crismal na catedral de Tui

Misa Crismal na catedral de Tui
Foto: Óleos sacramentales

O Mércores Santo, 5 de abril de 2022, ás 12 horas, o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiuza presidirá na catedral tudense a Misa Crismal concelebrada con numerosos sacerdotes do presbiterio diocesano, que nesa cerimonia renovan os seus compromisos sacerdotais para actualizar no tempo, o sacerdocio de Xesucristo.

A Misa Crismal, así presidida polo bispo e concelebrada cos presbíteros da Diocese, é unha celebración destinada a consagrar o santo Crisma —por eso, «misa crismal»— e tamén a bendicir os óleos ou aceites que se usarán para unxir aos enfermos e aos que se van a bautizar ou catecúmenos. 

O Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, unxir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.

Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión dos sacerdotes con el.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp