3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Materiais para a Xornada do Migrante e do Refuxiado

Materiais para a Xornada do Migrante e do Refuxiado
Foto: Cartel de la 108ª Jornada Mundial del Migrante y del Refugiado

A Igrexa celebra o domingo 25 de setembro a 108ª Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado co lema, «Construír o futuro cos migrantes e os refuxiados», baixo o cal o departamento de Migracións, dentro da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana da Conferencia Episcopal Española, editou os materiais para facilitar a celebración desta Xornada.

Unha Xornada, explica o papa Francisco na súa mensaxe para este ano, para lembrar que a presenza dos migrantes e refuxiados é unha ocasión de crecemento cultural e espiritual para todos. «Grazas a eles —destaca o Santo Padre— temos a oportunidade de coñecer mellor o mundo e a beleza da súa diversidade. Podemos madurar en humanidade e construír xuntos un “nós” máis grande».

Os bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e a Mobilidade humana asinan a mensaxe para esta Xornada no que expoñen o reto de empuxar con esperanza, fortalecida pola fe, ao futuro a pesar das malas noticias que nos invaden. «Os crentes —afirman— temos moito que achegar neste camiño esperanzador e na definición de horizontes».

Na diocese de Tui-Vigo, o bispo Mons. Luís Quinteiro presidirá a eucaristía no templo parroquial de Santo Tomei de Freixeiro, ás 12:30 horas do próximo domingo 25 de setembro. Desde a delegación de Migracións, organizaron unha pequena convivencia ao concluír a eucaristía no colexio Xesuitinas-Miralba, no que cada asistente deberá levar a súa comida e bebida. As persoas que desexen máis información poden poñerse en contacto co delegado diocesano Alberto Montes, a través do teléfono: 606 66 77 77.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp