3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Materiais da Xornada do Migrante e do Refuxiado 2023

Materiais da Xornada do Migrante e do Refuxiado 2023

«Libres de elixir se migrar ou quedarse» é o lema da Xornada Mundial do Migrante e do refuxiado 2023, que a Igrexa celebra o próximo 24 de setembro. Os bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade Humana abordan este ano na súa mensaxe as causas do aumento dos fluxos migratorios en todo o mundo. Poñen o foco sobre as condicións necesarias que posibiliten ás persoas exercer en liberdade o seu dereito a migrar ou quedarse nos seus países de orixe. Por iso, reflexionan sobre a necesidade de promover o dereito a non migrar de forma segura e seguir traballando «para facer que as nosas comunidades sexan cada vez máis inclusivas».

Cal é a mensaxe dos bispos?

A mensaxe dos bispos para esta Xornada, en sintonía coas reflexións do papa Francisco, explica que os migrantes escapan dos seus lugares de orixe debido á pobreza, ao medo ou a desesperación. Subliñan que o planeta está debilitado pola excesiva explotación dos seus recursos e desgastado por decenios de contaminación, coa consecuencia de que a desigualdade está a crecer cada vez máis.

Afirman que, «como Igrexa, dóennos estas feridas que afectan a tantas persoas e irmáns nosos e preguntámonos que estamos a facer ou que debemos deixar de facer para garantir un desenvolvemento humano integral e sostible para as próximas xeracións en todo o planeta».

Por iso, indican, en primeiro lugar, que «se as persoas han de ser libres para elixir se migrar ou quedarse na súa terra, é necesario garantir condicións de benestar nas zonas de orixe dos fluxos migratorios». Tanto nos seus países de orixe como nos de acollida «os axentes sociais deberían realizar un maior esforzo para poñer fin ás inxustizas económicas». Ademais, apelan «á responsabilidade do seu gobernante, chamados a exercitar a boa política, transparente, honesta, con amplitude de mira e ao servizo de todos, especialmente dos máis vulnerables».

Neste sentido, fan unha chamada de atención: tamén se ha de garantir que esa decisión de migrar ou quedarse «sexa informada e ponderada, para evitar que tantos homes, mulleres e nenos sexan vítimas de ilusións perigosas ou de traficantes sen escrúpulos».

Nesta liña, explican que o Departamento de Migracións traballa nun proxecto internacional xunto ás dioceses concernidas polo roteiro atlántico en África e Europa para promover unha Guía de hospitalidade internacional e campañas de información nos países de orixe ou de tránsito.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp