4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal
4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal

A Diocese crea un itinerario de espiritualidade desde Coresma ata Pentecostés

A Diocese crea un itinerario de espiritualidade desde Coresma ata Pentecostés

Publícanse os resultados da enquisa do pasado 31 de xaneiro, para ampliar a sección de recursos da web diocesana.

O pasado mes de xaneiro, creouse a nova sección de “Recursos” da web diocesana coa que se pon a disposición materiais que poidan contribuír ao crecemento da vida de fe dos fieis da Igrexa de Tui-Vigo. Para poder ampliar esta nova categoría, xerouse unha enquisa para saber cales eran os recursos máis demandados.

De entre as oito opcións posibles, os recursos de “Espiritualidade” foron os máis solicitados cun 70% dos votos. O 57% dos votos levoullos “Catequeses”. A “Doutrina Social da Iglesia” pechou o  top 3 da lista cun 47% dos votos, seguida de preto por “Teoloxía”, cun 43%, e “Biblia”, co 40%.

Por baixo destas cifras quedaron: “Documentos Oficiais da Santa Sé”, cun 37%; “Historia da Iglesia”, co 33%; e “Arte cristiá” cun 23%.

Co obxectivo de responder os resultados, a Vigairía de Pastoral, xunto coa delegación diocesana de Medios de Comunicación Social, creou un itinerario de espiritualidade co que orar durante todo o tempo de Coresma e ata o domingo  Pentecostés.

Esta iniciativa, «Do deserto á Luz», ofrece a lectura do Evanxeo de cada día acompañado dunha pequena meditación que, no seu conxunto, non durará máis de tres minutos. Os podcast poden escoitarse a través das plataformas  Spotify ou Google Podcast, e tamén estarán dispoñibles na sección “Recursos” da web. Dende xa, atópase dispoñible o comentario do mércores de C

Nestes momentos, o proxecto conta coa colaboración de 14 persoas, entre  seglares e  presbíteros, que se responsabilizaron de desenvolver as meditacións e poñer voz a cada un destes episodios.

«Do deserto á Luz» constará de máis de 90 episodios que pretenden axudar a toda a comunidade cristiá de Tui-Vigo a rezar diariamente coa Palabra de Deus a través dun recurso breve, pero profundo, co que aplicar o Evanxeo á  vida cotiá e converterse en testemuños do gran misterio da Resurrección.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp