3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«Iglesia polo Traballo Decente» convida a mobilizarse ante o aumento da precariedade provocada polo COVID-19

«Iglesia polo Traballo Decente» convida a mobilizarse ante o aumento da precariedade provocada polo COVID-19

A iniciativa Iglesia polo Traballo Decente (ITD), formada por entidades de inspiración cristiá, convoca, por sexto ano consecutivo, a Xornada polo Traballo Decente. Baixo o lema “Movémonos polo traballo decente, denúnciase a precariedade que sofren millóns de traballadores e traballadoras “aumentada pola situación de emerxencia sanitaria provocada pola pandemia mundial da COVID-19 e que puxo de relevo “as debilidades estruturais do Estado de benestar en España e a necesidade do traballo decente para o desenvolvemento dunha sociedade fraterna”.

Na Diocese de Tui-Vigo, a Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) de Vigo ten previstos para mañá, mércores 7 de outubro, dous actos de sensibilización no templo parroquial do Sagrado Corazón de Jesús, ás 09:45 h. da mañá e ás 19:30 da tarde. Nos actos, os membros da HOAC ofrecerán información para sensibilizar acerca da xornada e do traballo que vén realizando a través da ITD, 

O sábado, 10 de outubro, organizarase unha celebración litúrxica ás 20:00 da tarde. Será tamén no Sacro Corazón de Jesús. Nela, pedirase especialmente polos traballadores que se atopan en situacións precarias.

No manifesto creado para esta Xornada Mundial, Iglesia polo Traballo Decente convida á sociedade para reivindicar un novo sistema produtivo, capaz de poñer á persoa no centro; o recoñecemento social dos empregos esenciais cunhas condicións dignas; o dereito á protección social; o ingreso mínimo vital como garantía para quen realmente o necesitan; e asegurar a percepción do subsidio extraordinario para as traballadoras do fogar e a prestación por desemprego.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp