3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Cáritas activa a creatividade para recadar novos fondos

Cáritas activa a creatividade para recadar novos fondos

Cáritas de Tui-Vigo, en colaboración coa Delegación diocesana de Catequese e a empresa galega  Mr.  Broc, busca novas formas creativas que non poñan en risco a saúde das persoas para recadar fondos cos que poder axudar ás familias máis desfavorecidas. Esta idea motiva a creación de I Concurso de debuxos solidario co que, ademais de buscar novos recursos económicos, pretende motivar a participación dos máis pequenos da casa.

A temática do concurso consiste «la representación de valores relacionados con la misión y labor de Cáritas: la solidaridad, la fraternidad, la justicia, la esperanza, la colaboración y cooperación, el compromiso, la participación etc. Valores a los que también hace referencia el lema de la Campaña institucional de Cáritas Española: “Tiende tu mano y enrédate”», segundo as bases do concurso. Desde a institución caritativa da Igrexa, lanzaron un vídeo protagonizado por nenos para inspirar e contarlles aos participantes cales son as accións que se desenvolven a través da institución.

O debuxo escollido polo xurado utilizarase como imaxe para o deseño das máscaras solidarias de Cáritas de Tui-Vigo. Ademais, o gañador tamén recibirá un diploma acreditativo, un produto personalizado co debuxo creado por  Mr.  Broc e un lote de máscaras solidarias para toda a súa familia.

Para a creación e envío dos deseños, Cáritas ofrece dúas posibilidades. A máis tradicional, crear o debuxo en papel e envialo  escaneado a través da nova web; ou ben, deseñar directamente a través da plataforma que habilitaron á que podes acceder clicando nesta ligazón.

O concurso, no que poderán participar nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, finalizará o vindeiro domingo 22 de novembro. Para participar, o pai, a nai ou, na súa falta, os titores legais deberán aceptar as bases do concurso. O fallo do xurado será publicado ao día seguinte, luns 23 de novembro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp