3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

GALERÍA 📸 | Asemblea Diocesana de Catequistas

GALERÍA 📸 | Asemblea Diocesana de Catequistas
Después de dos años de pandemia, los catequistas de nuestra diócesis se reunieron con nuestro obispo en el Seminario Mayor de Vigo para compartir y celebrar la fe. | © Maricarmen Castro.

A Diocese de Tui-Vigo celebrou o pasado sábado 28 de maio unha Asemblea Diocesana de Catequistas no Seminario Maior, á que asistiron máis de 150 persoas, entre párrocos e catequistas, que puideron compartir un encontro  fraterno de formación, oración e convivencia, despois de dous anos nos que o contacto social ha estado moi limitado debido á pandemia da Covid-19 e ás súas consecuentes restricións.

A Asemblea comezou no salón de actos do Seminario Maior cunha pequena oración e a benvida agradecida de Gonzalo Otero, delegado de Catequese de Tui-Vigo desde setembro do pasado ano 2021. Acto seguido, Miguel López Varela, delegado de Catequese da Arquidiocese de Santiago de Compostela, ofreceu algunhas claves para comprender o Novo Directorio para a Catequese publicado a finais de 2020 (motivacións, causas, contexto, esquema xeral, novidades, etc.). Durante o encontro, o pastor da Igrexa diocesana, Luís Quinteiro, que acompañou aos presentes desde o primeiro momento, exaltou a figura e o labor dos catequistas nas parroquias e agradeceu publicamente a súa entrega, o seu compromiso e a súa colaboración xenerosa, especialmente durante a pandemia

Tras un intre de confraternización e descanso e para clausurar este curso 2021-2022, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro, presidiu a celebración de Palabra de acción de grazas que contou cunha ampla participación (nas lecturas e ofrendas), xunto co testemuño de dous catequistas e o canto animado polo coro parroquial de Santa Eulalia de Atios (O Porriño). Durante a celebración, o bispo cualificou a asemblea como un gran agasallo de Deus á nosa Igrexa diocesana.

Ao termo da xornada, os asistentes á Asemblea retrataron o momento cunha foto de familia na capela do Seminario, recordo dun reencontro no que se renovou o compromiso e acolleuse aos novos catequistas que se foron incorporando ao longo destes últimos cursos.

Asamblea de Catequistas 2022 | © Maricarmen Castro
Después de dos años de pandemia, los catequistas de nuestra diócesis se reunieron con nuestro obispo en el Seminario Mayor de Vigo para compartir y celebrar la fe.
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp