4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal
4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal

Formación online para sacerdotes en tempos de pandemia

Formación online para sacerdotes en tempos de pandemia

A Vigairía de Pastoral e a Vigairía Episcopal para o Clero convidan os sacerdotes a participar desta oferta formativa de carácter en liña e gratuíto para o clero:

Entre os días 1 e 3 de febreiro de 2021 terán lugar as IV Xornadas de Actualización Pastoral para Sacerdotes co lema ” Evanxelizar na era dixital”. Celebraranse de xeito online e poderanse seguir a través da canle de YouTube da Universidade San Dámaso (UESD).

As Xornadas de Actualización Pastoral para Sacerdotes, organizadas conxuntamente pola Vigairía do Clero da Arquidiocese de Madrid e a Facultade de Teoloxía da  UESD, constitúen unha cita anual de reflexión teolóxico-pastoral co obxecto de favorecer unha adecuada comprensión dos elementos constitutivos do tempo histórico no que a Igrexa está chamada a realizar a súa obra evanxelizadora.

As xornadas poderanse seguir a través da canle de YouTube da Universidade. Pódese obter máis información e consultar o programa na web da  UESD.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp