3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Especial Coronavirus

Especial Coronavirus

A Diocese de Tui – Vigo, coma non pode ser de outra maneira, tomouse moi responsablemente fomentar a prevención do Covid-19, e neste especial dáse a conocer as medidas e accións que vanse realizando.

Ante a situación de actual emerxencia sanitaria creada pola expansión do virus Covid19, as autoridades eclesiásticas decretaron unha serie de medidas destinadas a evitar a propagación desta enfermidade, que na nota dos Bispos de Galicia do pasado 13 de marzo inclúe a chamada a seguir as indicacións das autoridades sanitarias e a dolorosa pero petinente supensión temporal das celebracións pastorais públicas.

Tamén o noso Bispo D. Luis Quinteiro se dirixiu á nosa Diocese coa carta “Camiñemos unidos”, animando a acompañar aos nosos maiores e enfermos dende a preocupación pola gravedade dos momentos que vivimos, pero sen perder de vista a responsabilidade de sacerdotes e fieis por mantérmonos unidos na caridade. Neste sentido, Cáritas Diocesana adopta tamén novas medidas.

O día 9 de marzo, coas primeiras noticias de casos de coronavirus en Madrid, a Residencia sacerdotal “Virxe da Guía” pon en marcha as medidas que establece o protocolo de residencias de maiores (prohibidas as visitas do exterior, medidas de hixiene e distancias oportunas, e control sanitario dos residentes…), para protexer así especialmente aos máis vulnerables, os nosos maiores.

O día 16 de marzo, primeiro día hábil de confinamento, ponse ao dispor do Concello de Vigo e das autoridades que o precisen, as instalacións do Seminario Maior de Vigo e o Menor de Tui, para acoller a aquelas persoas que o necesiten. O Bispado pon ao dispor das mesmas canto sexa preciso con todos os seus centros ou infraestruturas.

Un equipo de sacerdotes novos acompañan ás relixiosas Fillas da Caridade á elaboración e repartición das comidas no comedor da Esperanza (suplindo aos voluntarios maiores que veñen exercendo este labor ao longo do ano); outros voluntarios das Cáritas parroquiais pasan a facer o mesmo no comedor das Misioneiras do Silencio. Estes son os dous únicos comedores sociais de todo o municipio e reparten desde ese día unhas 350 comidas diarias. Algo máis de 2.300 comidas semanais.

Tamén ese día os capeláns dos Hospitais acordan quedar un en cada hospital, permanentemente, para así acompañar en todo momento ás persoas que alí se atopen e necesiten deles, vivindo o mesmo servizo de entrega que o persoal sanitario, porque en definitiva o capelán tamén é persoal sanitario.

Ao día seguinte, 17 de marzo, os comedores sociais dependentes da Iglesia, xunto a Cáritas diocesana, establecen 3 puntos de recollida de material e alimentos para esas comidas. Serán a parroquia do Sacro Corazón de Jesús de Vigo, a de S. Antonio da Florida e o Colexio de S. José de Cluny; aos que en día posteriores sumaríanse os puntos de venda de Frutas Nieves.

Tamén outros voluntarios colaboraron elaborando máscaras para os traballadores e voluntarios que o necesitasen tanto da Cruz Vermella como doutras institucións.

Caritas diocesana segue mantendo a atención de usuarios na súa sede, distribuído o persoal en dúas quendas e con gran aumento da atención vía telefónica, sen exporse en ningún momento a opción de calquera ERTE. A atención do programa de saúde (atención de drogadictos, enfermos de sida e outros) segue coidándose tamén coas cautelas propias.

As Caritas parroquiais continúan entregando axudas (alimentos, pagos de recibos básicos [auga, luz…], pago de aluguer…) a moitas outras familias no ámbito das propias parroquias. De maneira especial tamén se acompaña esta situación de crise sanitaria na capellanía do cárcere da Lama.

No ámbito económico, a Vigairía Episcopal de Economía da diocese decide non cobrar as mensualidades a aqueles negocios que están en réxime de aluguer nalgún dos seus inmobles e teñan que permanezan pechados, por causa de forza maior do covid-19, ou ben poidan xustificar a redución nos seus ingresos que marca o Decreto do Goberno. Hai que resaltar así mesmo que en todo momento conserváronse na diocese todos os postos de traballo, sen acudir a ningún ERTE.

Merece ser destacada o labor fundamental que están a desenvolver as parroquias da diocese no acompañamento a través da que se deu en chamar “pastoral telefónica”, comunicándose cos enfermos, persoas maiores e familias da parroquia, para interesarse por como están, se necesitan algo (compra, medicinas…) co fin de achegarllo, observando en todo tempo as medidas sanitarias establecidas. Sería imposible enumerar aquí o gran número de xente anónima crente que, deixándose levar polo seu compromiso de fe, bríndase a facilitar todo tipo de axudas aos máis vulnerables.

En función de non alongar en demasía esta relación –aínda así incompleta-, non debe faltar a referencia á tarefa que se realiza desde o primeiro momento: a Oración. Todos os sacerdotes, -aínda que teña que ser en privado e con moita dor por iso-, celebran diariamente a eucaristía por todos, especialmente polos enfermos e os que morreron, pero tamén polos que están angustiados vivindo esta situación. Agréguese a iso, a silenciosa e aparentemente invisible oración das comunidades de relixiosos e relixiosas que, desde os mosteiros e conventos, xunto á de tantos cristiáns que o fan desde as súas casas, elevan ao ceo súplicas pedindo consolo e fortaleza para aliviar tan variadas situacións persoais: todo un tesouro de solidariedade e caridade cristiá que se brinda aos irmáns cada día e desde cada recuncho!

Acción da Igrexa Diocesá