3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Encontro de migrantes e retornados

Encontro de migrantes e retornados

O pasado domingo 22 de decembro celebrouse o encontro de familias migrantes e retornadas organizado pola Delegación de Pastoral Familia na Parroquia do Rocío, en Vigo.

O encontro comezou coa Eucaristía presidida polo noso Bispo, D. Luis. No IV Domingo de Advento, fíxose especial fincapé na proximidade da chegada do Neno Deus e na acollida que mostraron María e Xosé para con ela. Dous momentos destacaron na celebración: a ofrenda das bandeiras dos alí presentes e o agradecemento por vir a esta terra a construír xuntos un futuro.

Trala Eucaristía chegou o momento de compartir as tradicións de cada país cantando panxoliñas, conversas e desexos nun espacio de encontro festivo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp