3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

En xullo, comezan os retiros diocesanos para sacerdotes

En xullo, comezan os retiros diocesanos para sacerdotes

O mércores 3 de xullo, ás 11.00 horas, o santuario de San Xián  e Nosa Señora dás Angustias do monte Aloia acolle o primeiro retiro diocesano para sacerdotes. Cada ano, durante o verán, a Vigairía para o Clero organiza tres encontros en diferentes templos da diocese, co obxectivo de compartir un intre de oración e confraternización entre o clero diocesano.  

Os retiros, segundo o programado no Plan Pastoral, comezará ás 11 horas e terán lugar durante o primeiro mércores dos meses estivais de xullo e agosto e o primeiro venres de setembro. Tras cada sesión, haberá oportunidade de gozar de unha comida de confraternización comunicándoo previamente a José Diéguez Dieppa, vigairo para o Clero.

Os lugares e as datas concretas son as seguintes:

  • 3 de xullo no santuario de San Xián  e Nosa Señora dás Angustias do monte Aloia.
  • 7 de agosto, por concretar.
  • 4 de setembro, no santuario de Nosa Señora da Franqueira.

Ademais destes retiros durante o verán, cada ano, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo encárgase de organizar unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes. Tamén promove a participación nas xornadas de formación permanente para sacerdotes que teñen lugar en Poio, durante o mes de setembro, e que son posibles grazas ao traballo conxunto das delegacións do Clero da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp