3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«Servide con amor e alegría tanto a Deus como aos homes»

«Servide con amor e alegría tanto a Deus como aos homes»

O pasado domingo, 4 de outubro, a catedral de Tui acolleu a ordenación de dous novos  diáconos para a Diocese de Tui-Vigo. A Eucaristía foi presidida polo bispo, don Luís Quinteiro.

Tras seis anos de formación no Seminario Maior, Gabriel Gómez e Jesús García ofreceron o seu si comprometido no camiño da súa vocación sacerdotal ante o bispo e #ante a comunidade cristiá alí presente. Esta ordenación celébrase no medio dun ano moi importante para a Diocese, no que catorce parroquias da cidade de Vigo cumpren o seu 50º aniversario, e no medio dunha pandemia mundial que azoutou fortemente á Igrexa. 

O bispo, don Luís, exhortounos a «servir con amor e alegría tanto a Deus como aos homes», lembrándolles que é necesario manter un espírito valente e renovado pola forza transformadora de Xesucristo.  Con isto, Gabriel e Jesús inician o seu camiño dentro da orde sacerdotal, formando parte do presbiterio diocesano, aínda que sendo un exemplo para os seus compañeiros seminaristas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp