3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Descobre como coñecer a actualidade da túa Diocese

Descobre como coñecer a actualidade da túa Diocese

Sabías que a Diocese está presente en redes sociais? En cales crees que podería ter un perfil? Agora, máis que nunca, a Diocese pode informar de todos os proxectos que movementos, asociacións e delegacións eclesiais desenvolven ao longo de todo o ano. Decatarse está a un  clic de distancia grazas a internet e ás redes sociais.

Instagram, Facebook e Twitter son as canles que se utilizan para poder achegar a información aos diocesanos e diocesanas con perfís que pretenden informar pero tamén, xerar un espazo de encontro para as persoas que participan da vida comunitaria da Igrexa local de Tui-Vigo. Formar parte desta comunidade é moi sinxelo se contas cun perfil nesta social media, só tes que pulsar o botón de  follow/like en:

No medio do contexto actual no que as actividades pastorais quedan suspendidas de maneira presencial ata o 17 de febreiro, poñemos ao dispor de delegacións, movementos e asociacións a nosa canle de Youtube ao que podes subscribirche a través desta ligazón.

Ademais, convidámosche a que nos remita toda a información de actividades que consideres oportunas a través do seguinte correo electrónico: medios@diocesetuivigo.org. Deste xeito, poderemos visibilizar a riqueza dunha diocese que quere cumprir coa misión encomendada por Xesús «ide e facede discípulos a todos os pobos» (Mt 28, 19). Desde a Diocese de Tui-Vigo, interesanos coñecer a túa opinión para que non te perdas nada. Botas en falta alguna canle de comunicación? Responde a enquisa que deixamos a continuación para axudarnos a optimizar os nosos recursos.

¿Sumamos WhatsApp a nuestros canales?

Si WhatsApp no te convence, ¿qué nos dices de estos otros?
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp