3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Da cruz, á luz da Pascua

Da cruz, á luz da Pascua
FOTO.- Durante la vigilia pascual, una catecúmena recibió los sacramentos de iniciación cristiana | © Diocese de Tui-Vigo

Durante a vixilia pascual, unha catecúmena recibiu os sacramentos de iniciación cristiá —Bautismo, Confirmación e Eucaristía—

Baixo a ameaza incesante de choiva e no medio da noite, unha pequena fogueira no atrio da concatedral-basílica de Santa María de Vigo simbolizaba a luz de Cristo resucitado que vén iluminar as tebras. Ás 21.30 horas do 30 de marzo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, iniciaba a celebración da vixilia pascual coa bendición do lume. A continuación, o prelado encargábase de cravar no cirio pascual os cinco grans de incenso, que representan as cinco chagas de Jesús: os tres cravos que lle atravesaron as mans e os pés, a lanza cravada ao costado dereito do torso e as espiñas sobre a súa cabeza.

Desde Praza da Igrexa, entre transeúntes que ían e viñan, os numerosos fieis que participaban na vixilia pascual atravesaron a porta da concatedral-basílica ás escuras coa única luz do cirio, en cuxa chama acendían as súas velas. Unha vez no altar maior, acendéronse as luces para entoar o pregón pascual a cargo do sacerdote Juan Andión.

Tras liturxia da Palabra que nos convidaba a percorrer a historia da salvación de Deus para cos homes, desde a creación pasando pola liberación do pobo de Israel de Exipto ata a resurrección de Cristo, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, expresou que «nesta noite, despois de asistir á paixón e morte de Jesús, proclamamos e anunciamos a resurrección do Señor. Este é o fundamento da nosa fe e da nosa esperanza». A Pascua non finaliza na vixilia, senón que comeza con ela para prolongarse durante toda a nosa vida, na que, tal e como lembrou o prelado, estamos chamados a «ser luz e sal da terra, auga que purifique», para seguir anunciando a Xesucristo co testemuño de vida. Mons, Luís Quinteiro finalizaba a súa homilía convidando os fieis a «facer da nosa liturxia un anuncio, no que atopemos a Xesucristo vivo e resucitado»

Durante esta vixilia pascual, unha moza catecúmena de 27 anos, Irene, recibiu os sacramentos de iniciación cristiá: Bautismo, Comuñón e Confirmación. Acompañada polos seus familiares e amigos, concluía o seu proceso catecumenal nesta «noite santa», para renacer da auga e do espírito como membro da gran familia de la Iglesia.

A Igrexa celebra agora o tempo litúrxico da Pascua —50 días desde o Domingo de Resurrección ata Pentecostés—, na que os cristiáns estamos chamados a vivir con alegría  e  exultación a gran noticia da fe: Xesucristo venceu á morte, resucitou e vive para darnos a nós a vida en plenitude.

Celebración de la vigilia pascual 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo presidió la vigilia pascual en la concatedral-basílica de Santa María en Vigo.
« de 16 »
Bautismo de adulto durante la vigilia pascual 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
Irene recibió los sacramentos de iniciación cristiana —Bautismo, Confirmación y Comunión— en la vigilia pascual, presidida por el obispo de Tui-Vigo.
« de 11 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp