3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Coñece a caseta de Cáritas diocesana de Tui-Vigo no Cíes Market

Coñece a caseta de Cáritas diocesana de Tui-Vigo no Cíes Market
FOTO: Caseta de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo en el Cíes Market, ubicado en la plaza Compostela, en Vigo.

Por segundo ano consecutivo, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo conta cunha caseta no Cíes Market, o mercado de Nadal da cidade olívica situado na praza de Compostela, que estará aberta ao público de luns a xoves, a partir das 17 horas; venres, sábados, domingos e festivos, desde as 13 horas ata o peche.

As persoas que se acheguen a esta caseta poderán atopar moitos produtos do Nadal e de Comercio Xusto, grazas á colaboración entre Cáritas Tui-Vigo e Oxfam Intermón. Ademais, nesta ocasión, haberá dispoñibles artigos de cerámica e de madeira de oliveira, elaborados por unha cooperativa en Palestina, que compartirán espazo con outros produtos de materiais reciclados creados por voluntarios das parroquias de Cáritas.

Miguel Freire, responsable do desenvolvemento institucional e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, explica que «a finalidade principal de participar no Cíes Market é visibilizar o labor de Cáritas. Ao mesmo tempo que podemos sacar un beneficio económico pola venda dos produtos, aproveitamos para informar as persoas do que realmente facemos. Isto xéranos un pequeno beneficio puntual, pero o que buscamos é colaboracións máis duradeiras no tempo e un compromiso maior por parte dos concidadáns».

Para poder garantir a atención do público e, sobre todo, dar a coñecer o seu labor, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo anima aos voluntarios que forman parte da institución para colaborar durante este Nadal na caseta. Os interesados en participar poden escribir un correo electrónico a coordinacion.cdtuivigo@caritas.es.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp