3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Comezan os actos en honra a María Auxiliadora

Comezan os actos en honra a María Auxiliadora
Foto: Interior de la parroquia-santuario de María Auxiliadora en Vigo.

A parroquia-santuario de María Auxiliadora en Vigo organiza unha serie de actos en honra á súa patroa, que darán comezo o luns 15 de maio, ás 19.15 horas, co rezo do rosario, da novena e a celebración da eucaristía, no templo parroquial situado na Rolda de Don Bosco. A novena predicaraa o sacerdote salesiano Jesús Vivanco, párroco do santuario.

O 24 de maio, día da festa de María Auxiliadora, haberá misas, cada hora, ao longo de todo o día —pola mañá: ás 08:00, 09:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 horas; pola tarde, ás 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas—. Ás 19 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía, seguida de procesión coa imaxe da virxe, á que acompañarán as imaxes de san Xoán Bosco e santo Domingo Savio.

Ademais, do rezo da novena, a Adoración Nocturna da diocese de Tui-Vigo organiza unha vixilia mariana, o sábado 20 de maio, ás 22 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp