3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Comezan as charlas coresmais na diocese de Tui-Vigo

Comezan as charlas coresmais na diocese de Tui-Vigo

Acción Católica de Tui-Vigo organiza un ciclo de tres charlas coresmais durante os meses de febreiro e marzo

O vindeiro sábado, 25 de febreiro, o delegado de Catequese da arquidiocese de Santiago de Compostela, Miguel López Varela, impartirá a primeira das tres charlas coresmais que organiza Acción Católica Xeneral (ACG) de Tui-Vigo, ás 10.30 horas no templo parroquial do Corazón de María, co obxectivo de axudar a todos os membros da diocese de Tui-Vigo a prepararse para o momento central da fe: a Semana Santa e a Pascua.

Os encargados de impartir o resto de charlas serán: Mons. Luís Quinteiro, bispo da diocese de Tui-Vigo, o sábado 4 de marzo; e José Vidal Novoa, vigairo Pastoral da diocese de Tui-Vigo, o sábado 11 de marzo. Ambos os encontros comezarán tamén ás 10.30 horas no templo parroquial do Corazón de María. As persoas que asistan dispoñerán de tempo para a reflexión persoal tras cada unha das charlas e terán a oportunidade de achegarse ao sacramento da Reconciliación. Os encontros finalizarán ás 12 horas coa celebración da eucaristía.

O tempo litúrxico da Coresma comeza coa celebración do Mércores de Cinza —este ano será o 22 de febreiro, día no que se bendirá e impoñerá a cinza feita cos ramos de oliveira ou doutras árbores, bendicidos o ano anterior— e caracterízase por ser un tempo especial de penitencia e conversión. A Igrexa católica convida os fieis a intensificar a oración, o xaxún e a esmola, e a buscar momentos para achegarse ao sacramento do Perdón, coa vista posta na celebración da Semana Santa e a Pascua, actos centrais da fe cristiá.

Miguel López Varela

Ordenado en 2005 en Santiago de Compostela, é licenciado en Teoloxía Catequética e Animación pola Pontificia Universidade Salesiana de Roma, onde realizou, tamén, a súa tese doutoral baixo o título «Cara a unha catequese transformativa».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp