3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Clausura do cincuentenario de Cáritas e recoñecementos de gratitude

Clausura do cincuentenario de Cáritas e recoñecementos de gratitude

O próximo xoves 9 de xaneiro, o Cine Salesianos de Vigo vístese de gala para dar comezo, ás 19h, aos actos de clausura da conmemoración dos 50 anos que Cáritas cumpriu na nosa Diocese. A esa hora terá lugar unha conferencia do Cardeal Arcebispo de Barcelona, Monseñor Juan José Omella y Omella, co título “Compromiso e participación social na vida da Igrexa”.

Trala charla do prelado, ás 20h e no mesmo lugar, iniciarase a clausura propiamente dita, coa presencia de autoridades relixiosas e civís. Durante o acto presentarase a felicitación do Papa Francisco e entregaranse sinxelos recoñecementos de gratitude aos colaboradores de Cáritas Tui-Vigo ao longo destes 50 anos: a exdirectivos de Cáritas, a persoal e colaboradores veteranos na casa; a organizadores de eventos a favor de Cáritas; a institucións relixiosas e civís; medios de comunicación, empresas e fundacións que deron o seu apoio no pasado e no presente.

O acto de clausura estará presidido polo Bispo diocesano Luis Quinteiro Fiuza e por Monseñor Jesús Fernández González, Obispo auxiliar de Santiago de Compostela e Obispo responsable de Cáritas Española, así como por Manuel Bretón Romero , Presidente de Cáritas Española, a quen acompañarán Gonzalo Davila Davila, Director de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Javier Alonso Docampo, Delegado Episcopal de Acción Caritativa e Social nesta Diocese, e Marga Vázquez Cabo,  responsable de Cooperación Internacional de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.

O conxunto de corda do Conservatorio Mayeusis amenizará os intermedios da entrega de recoñecementos. Ademais, ao final do acto entregarase a tódolos que asistan o libro da conmemoración.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp