3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Ciclo de conferencias sobre Doutrina Social da Igrexa

Ciclo de conferencias sobre Doutrina Social da Igrexa

Durante o mes de marzo, a delegación diocesana de Pastora da Saúde e a Orde Hospitalaria dos irmáns de santo  Juan de Dios —na diocese coordinan o Fogar-Clínica Santo Rafael de Vigo— organizan un ciclo de conferencias sobre Doutrina Social da Igrexa, dirixidas especificamente para traballadores e cooperadores en centros eclesiais socio-sanitarios e residenciais. As actividades levaranse a cabo no salón de actos do Fogar-Clínica Santo Rafael, aínda que haberá posibilidade de seguir as conferencias vía streaming.

O mércores 1 de marzo, a psicóloga e voluntaria do Centro de Escoita de Tui-Vigo, María José Rúa, impartirá a conferencia «Empatía terapéutica». O mércores 15 de marzo, tomaralle  a substitución o biólogo do CSIC e presidente da Asociación Galega de Bioética (AGABI), Anxo Guerra, co relatorio «Cara a unha nova visión da persoa». Finalmente, o 29 de marzo, o P. Edgardo Quintana, capelán do hospital Nicolás Peña, pechará este ciclo co relatorio «A imaxe do sanador ferido». As tres conferencias desenvolveranse de 11 a 12 horas, no salón de actos do Fogar-Clínica Santo Rafael.

A maiores deste ciclo de conferencias, o mércores 8 de marzo, coincidindo coa festividade de santo Juan de Dios, a Pastoral da Saúde e a Orde Hospitalaria dos irmáns de santo Juan de Dios organizan unha eucaristía solemne ás 11 horas. A continuación, haberá actuación do grupo de música do Centro Exhibición do Corpo de Bombeiros de Vigo e un viño español.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp