3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Cáritas de Tui-Vigo presenta a súa Memoria de Actividades 2021

Cáritas de Tui-Vigo presenta a súa Memoria de Actividades 2021
Foto: Inamculada Tombilla, coordinadora general de Cáritas, Gonzalo Davila, director de Cáritas, Javier Alonso, delegado episcopal de Acción Social y Caritativa, y Alfonso Moreno, secretario General durante la presentación de la Memoria de Actividades.

Hoxe, luns 13 de xuño, ás 10 horas, na Confederación de Empresarios de Vigo, Cáritas Diocesana facía públicos, en rolda de prensa, os datos da súa Memoria Anual referida ao ano 2021 para dar conta da acción  caritativa e de promoción social que esta institución da Igrexa católica desenvolve no territorio eclesial da diocese de Tui-Vigo.

O director, Gonzalo  Davila, presentaba as liñas fundamentais deste informe no que se recollen os datos máis importantes da actividade de Cáritas nun ano no que, pasado o confinamento que tanto limitou a súa actividade, púidose xa realizar un labor máis directo cos participantes, que é como Cáritas denomina ás persoas que acompaña.

Grazas ao apoio público e ao de 1.167 doantes foi posible facer un gran esforzo económico para mitigar no posible os efectos da pandemia. Fíxose un investimento en axudas directas ao redor de 428.000€, destacando delas, como a máis importante e máis demandada, a axuda para a vivenda que levou practicamente a metade do orzamento, exactamente 212.000€.

As axudas realizadas foron destinadas, no seu maior parte, a persoas de nacionalidade española, en concreto,  797 participantes de España aos que se suman 823 procedentes de Latinoamericana. Este labor de acompañamento, tal e como destacou e agradeceu o director de Cáritas, foi posible grazas a 558 voluntarios, 46 profesionais contratados (asistentes sociais, orientadores laborais, educadores, avogados, técnicos de saúde, etc.) e 1.167 doantes.

No mesmo acto, o delegado episcopal de Acción  Caritativa e Social, Javier Alonso, presentou o programa de actividades previsto, a partir deste martes, para celebrar a Semana da Caridade, que conclúe o domingo coa celebración do Corpus Christi.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp