3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Canle ética

Canle ética

Canle ética

Canal ético

A diocese de Tui-Vigo puxo en marcha unha «canle ética» para dar resposta ás esixencias ou obrigas que implica o cumprimento do compliance ou normativa sobre boas prácticas.

Enténdese por compliance  —en español, cumprimento normativo— as medidas que adopta unha institución ou empresa para garantir que se acatan as normas que regulan a súa actividade e que preveñen posibles situacións, sancións ou delitos que acaban por afectar á súa reputación.

En España, o concepto entra en vigor a partir do ano 2010, coa reforma do Código penal que introduce a responsabilidade penal das persoas xurídicas; en 2015, unha nova revisión do Código penal introduce unha modificación que obriga ás institucións para contar con plans de prevención de riscos penais, así como un órgano responsable da súa verificación.

O obxectivo do compliance é propoñer e fomentar unha conduta ética na diocese que promova a relación de confianza entre os seus membros, que favoreza unha prestación de servizos baseado no respecto e a dignidade da persoa e que dea prioridade  ao cumprimento normativo, porque os que representan á Igrexa, teñen que facelo de maneira fiel, auténtica e bondadosa.

Para alcanzar este obxectivo, a diocese de Tui-Vigo desenvolveu un «Código de conduta», que proporciona unha folla de ruta e unha guía na que se inclúen os protocolos existentes. Este documento recolle as normas e comportamentos que han de seguir os membros da institución; con iso, bríndaselles un marco de seguridade ás súas accións, e prevéñense  actuacións que poidan ser de natureza delituosa.

O encargado de velar pola difusión do «Código de conduta» entre todo o persoal será o compliance officer designado polo bispo. Esta tarefa foi encomendada ao bufete Gándara Moure, S.A.

Canle éticada diocese de Tui-Vigo

Para facer chegar calquera denuncia e/ ou consulta sobre estes temas habilitouse  unha canle ética.

Para presentar unha incidencia, envía un correo especificando: 

  • Nome, apelidos e DNI
  • Posto de traballo e/ou relación coa diocese
  • Breve descrición da incidencia ou o incumprimento da norma advertida.
  • As persoas sobre as que trata a comunicación.

Código de conducta