3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

CaixaBank e Cáritas Tui – Vigo activan un servizo móvil para realizar donativos instantáneos

CaixaBank e Cáritas Tui – Vigo activan un servizo móvil para realizar donativos instantáneos

Este servizo permite facer chegar a Cáritas pequenas achegas de forma gratuíta, inmediata e fácil.

Para utilizar o servizo, o usuario só ten que acceder á aplicación móbil da súa entidade bancaria e introducir, desde a opción Bizum, o código 38398 e o importe do donativo.

____________________________________________________________________

CaixaBank activou un servizo de donativos a Cáritas Diocesana Tui – Vigo, dispoñible a través das aplicacións móbiles das principais entidades financeiras. Este servizo permitirá ás persoas realizar achegas de forma sinxela, en poucos pasos, sen introducir números de conta e de maneira gratuíta.

Baseado no sistema Bizum, o servizo é especialmente apto para enviar a doazón de pequenas cantidades de diñeiro. O usuario pode atoparse en calquera lugar e enviar de maneira inmediata a súa achega. A operación realízase ao instante, de forma totalmente segura, e o diñeiro chega ao seu destino en menos de cinco segundos.

CaixaBank e Cáritas Tui-Vigo axilizaron a posta en marcha deste servizo, por mor da crise social causada polo coronavirus. Con esta medida esperan facilitar novas doazóns que permitan a Cáritas facer fronte ao incremento rexistrado na demanda dos seus servizos.

Co ánimo de colaborar na atención destas necesidades urxentes e animar ao envío de novas doazóns, CaixaBank canalizou unha achega da Fundación “a Caixa” a Cáritas Tui-Vigo de 10.000 euros.

Marc Benhamou, director territorial de CaixaBank en Galicia, destacou o valor dun servizo destas características: “Conseguimos poñer a tecnoloxía ao servizo da solidariedade”. Pola súa banda Gonzalo Davila, director de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, congratulouse desta iniciativa “porque facilita realizar donativos a Cáritas de modo sinxelo e rápido…”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp