2 de Xullo de 2024

,

San Bernardino Realino
2 de Xullo de 2024

,

San Bernardino Realino

Bispo electo

Bispo electo

Bispo electo

EXCMO. E RVDO. D. Antonio José Valín ValdésObispo electo de Tui-Vigo

Don Antonio José Valín Valdés naceu en Ribadeo (Lugo) o 24 de febreiro de 1968. En outubro de 1986 ingresou no Teologado diocesano en Santiago de Compostela, realizando os seus estudos no Instituto Teolóxico Compostelán de 1986 a 1992. Foi ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo o 14 de marzo de 1993. É Bacharel en Teoloxía e Máster en Comunicación Cristiá.

O seu ministerio sacerdotal desenvolveuno na diocese de Mondoñedo-Ferrol onde desempeñou distintos cargos: formador e profesor do seminario de Mondoñedo (1992-1999); subdelegado de Pastoral Xuvenil, Vigairía Ferrol (1999); director da residencia universitaria da Domus Ecclesiae de Ferrol (2000); reitor do seminario menor de Mondoñedo (2001); delegado diocesano de Pastoral Vocacional (2002); director espiritual do seminario maior (2006); arcipreste de Terra Chá  (2006/2009); delegado episcopal de Pastoral de Infancia e Mocidade (2007); director espiritual do seminario maior e menor (2011); arcipreste de Mondoñedo (2012/2016/2019); secretario de Pastoral (2015/2016); delegado para o Ano Xubilar da Misericordia (2015); formador de seminaristas menores diocesanos (2019); e vigairo episcopal para a Evanxelización (2017). Tamén foi profesor da Escola Superior de Ciencias Relixiosas «San Agostiño» e da Escola Diocesana de Teoloxía.

A súa actividade pastoral comezou na parroquia de Santa María a Maior  de San Sadurniño, onde exerceu como párroco entre 1999 e 2001. Posteriormente, entre 2007 e 2012, foi membro do equipo sacerdotal de Vilalba-Abadín-Xermade. A continuación, foi nomeado párroco de Santiago de Foz e outras parroquias da zona, de 2012 a 2019. 

Foi membro da delegación de Pastoral Vocacional e do COV de Viveiro; do Consello Presbiteral; do Colexio de Consultores; do Consello Diocesano de Goberno; e do Consello de Pastoral.

Foi administrador diocesano de Mondoñedo-Ferrol desde o 21 de decembro de 2020 ata o 4 de setembro de 2021, cando tomou posesión Mons. Fernando García Cadiñanos como bispo desta diocese.

Ata xullo de 2024, foi párroco in solidum e moderador da UPA de Foz, desde 2019, e vicario xeneral e moderador da Curia, desde 2021. En 2018, tamén foi nomeado cóengo da catedral de Mondoñedo.

O ESCUDOEpiscopal

Na actualidade, os bispos continúan co antigo costume de elaborar un escudo heráldico. Máis que un escudo de armas ou de liñaxe, hoxe converteuse nunha especie de marca ou expresión dos propios ideais espirituais.

Deseñado polo historiador e xenealoxista, Eduardo José Pardo de Guevara e Valdés escudo de D. Antonio Valín Valdés consta do capelo verde episcopal ornado lateralmente con dous cordóns e seis borlas cada un en tres ordes, xunto coa cruz. Sobre un fondo azul, unha estrela de ouro e baixo ela dúas ondas de prata, acompañadas de catro rodelas de goles, cargados dunha cruceta de prata, tres intercalados e un na punta. Ao pé, o lema elixido por el: «Caritas Christi urget nos».

  • A estrela: Alusión a María, Stella maris. La figura y la devoción mariana ha sido muy importante en la trayectoria de D. Antonio, así como de la diócesis de la que proviene y a la que llega. Está en el centro del escudo, bien visible, para manifestar la importancia a esta alusión y para recordar ese “faro” que nos acompaña y guía hasta Cristo.
  • As ondas: Referencia ao mar, presente no seu pobo natal, Ribadeo, e nas dioceses que o configuran, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo. Mar que fala da inmensidade de Deus e da Casa común, regalo de Deus; e dos traballos e esforzos de tantos irmáns que viven, loitan e morren no mar. Mar que une realidades e culturas diversas, que fala de diálogo, encontro, comuñón e fraternidade. 
  • As cruces: aluden ao liñaxe dos apelidos, liñaxe familiar.

O LEMAEpiscopal

Sobre o seu lema episcopal, «Caritas Christi urget nos», D. Antonio Valín explica que esta frase «recórdanos que no amor de Deus, manifestado en Cristo, é o lugar desde o que achegarnos e abrazar ao mundo enteiro, Este amor é o que enche os nosos corazóns e o que nos impulsa a anunciar o Evanxeo e o Reino de Deus».

Así, continúa expresando, «o amor de Cristo é o que nos impulsa a saír e achegarnos a todos, a sermos discípulos amados por Deus e misioneiros desta Boa Nova. Esa caridade lévanos a comprometernos na transformación da realidade e con cada persoa; a ter un corazón universal aberto ao próximo, a todos, e unha delicadeza especial cos máis desfavorecidos da sociedade, que en palabras de Vicente de Paúl, son “os nosos amos e señores”. Todo desde ese amor; todo con ese amor, nada sen ese amor».