3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Begoña Cebrián: “Cambia a túa vida en pequenos xestos para poder mellorar o mundo e non sexas indiferente”

Begoña Cebrián: “Cambia a túa vida en pequenos xestos para poder mellorar o mundo e non sexas indiferente”
Foto: Cartel de la campaña «Contra el hambre» 2022, de Manos Unidas.

Hoxe, domingo 13 de febreiro, comeza a campaña «Contra a fame» de Mans Unidas baixo o lema «A nosa indiferenza os condena ao esquecemento», co que espertar a unha sociedade adormentada para visibilizar a inxustiza social que viven millóns de persoas dos países en vía de desenvolvemento.

O traballo que desenvolvo Mans Unidas no territorio eclesial da Igrexa de Tui-Vigo lidérao a profesora de relixión Begoña Cebrián que asumiu o cargo de presidenta e delegada o pasado 12 de outubro de 2021. Ela, que con anterioridade asumira as responsabilidades de coordinación desta delegación, manifesta a súa ilusión por esta renovada tarefa de sensibilizar o labor de ONG da Igrexa católica en España.

Na entrevista concedida no programa de COPE Vigo, O espello de Tui-Vigo, a nova presidenta dirixiuse aos oíntes nestes termos: “actúa, móvete, se solidario. Cambia a túa vida en pequenos xestos para poder mellorar o mundo e non sexas indiferente. Dá o teu tempo ou a túa maneira de ser, o que poidas”. Reproducimos a continuación o audio da entrevista que non puido reproducirse ao completo na emisión do pasado venres 4 de febreiro de 2022.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp