3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Ao servizo da fraternidade nun mundo dividido

Ao servizo da fraternidade nun mundo dividido
Foto: Javier Alonso, párroco de A Franqueira, Lamosa y Prado da Canda.

A Igrexa, a través de persoas concretas, faise próxima aos máis necesitados e a todos os homes e mulleres de boa vontade, crentes ou non, que necesitan sentirse membros dunha comunidade, dun pobo, no que todos somos irmáns.

No ano 2020, a encíclica Fratelli tutti do papa Francisco advertía sobre o retroceso do noso mundo con respecto aos soños de unidade e paz que brotaron na humanidade despois da II Guerra Mundial. A súa voz profética soa neste 2023 no que asistimos a un conflito bélico no corazón de Europa, no que a polarización ideolóxica e a división política alcanzan niveis alarmantes, e no que o egoísmo campa ás súas anchas nos nosos pobos e cidades. Neste clima aparentemente descorazonador, a Igrexa católica toma por bandeira a chamada de Fratelli  tutti a traballar polo ben común, a xerar procesos que nos leven a crecer en fraternidade e amizade social. O papa refírese a iso como «a capacidade cotiá de ampliar o meu círculo, de chegar a aqueles que espontaneamente non sento parte do meu mundo de intereses, aínda que estean preto de min».

A Igrexa faise próxima aos máis necesitados e a todos os homes e mulleres de boa vontade, crentes ou non, que necesitan sentirse membros dunha comunidade, dun mundo no que todos somos irmáns. A través da educación, da atención social, do fomento da cultura, do coidado do seu patrimonio, da creación de tecido comunitario, da comunicación de valores, da celebración da fe, a institución pon luz ás sombras dun mundo pechado.

«No mundo rural, a Igrexa é próxima. A solidariedade é inmediata»

«A parroquia rural ofrece unha proximidade, un diálogo e unha confianza que crea vínculos e lazos de fraternidade». Dio Javier Alonso, párroco de tres pequenas localidades da diocese de Tui-Vigo. A pesar de estar ben comunicadas, non contan con transporte público, comercios nin boa cobertura de teléfono ou internet e o envellecemento poboacional é alarmante; pero para o seu cura isto é tamén motivo de esperanza: «Fronte á hiperconexión da cidade, no campo contamos coa sabedoría do encontro, co silencio, co tempo pausado e coa oportunidade de crear vínculos fortes». A Cáritas interparroquial é unha concreción do traballo comunitario que realizan as tres parroquias: «Aquí a Igrexa é samaritana —afirma—, é próxima ao veciño, ao próximo, e a solidariedade é inmediata. De coñecerse e tratarse, brota o axudarse».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp