3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Antonio Couce, comandante naval de Vigo, fará este ano a Ofrenda do Mar en Panxón.

Antonio Couce, comandante naval de Vigo, fará este ano a Ofrenda do Mar en Panxón.
Foto: El obispo de Tui-Vigo preside la celebración en la que se realiza la ofrenda del mar en el templo votivo de Panxón.

Un ano máis o templo votivo de Panxón acollerá a Ofrenda do Mar, a homenaxe de fe e devoción das catro mariñas —a armada, a mercante, a frota pesqueira e a deportiva— á virxe do Carme. Será o sábado 8 de xullo, ás 20 horas presidida por Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo e promotor de Stella Maris en España. Tras a misa e un momento de adoración eucarística terá lugar, desde a porta do templo, a bendición dos mares co Santísimo.

A delegación diocesana de Apostolado do mar e o centro Stella Maris de atención ao mariño, que preside Elvira Larriba, é a encargada de escoller cada ano ao oferente. Nesta ocasión, a elección recaeu en Antonio Couce, comandante naval de Vigo.

Na súa mensaxe con motivo do «Día das xentes do mar», Mons. Luís Quinteiro Fiuza, promotor de Stella Maris en España, manifestou  que a xente do mar merece «máis atención, seguridade física e laboral, unha acollida humana cando chegan a porto, un contacto o máis fluído posible coas súas familias, suficientes vacacións e salarios acordes ás súas circunstancias de vida e traballo», porque «desas persoas vulnerables depende, en gran medida, o abastecemento da nosa sociedade e o desprazamento de moitas persoas».

Foi no ano 1939, cando o templo votivo de Panxón celebrou por vez primeira a Ofrenda do Mar que, ademais de ser unha homenaxe das mariñas á Virxe, converteuse nunha oportunidade para revalorizar o papel dos mariños e visibilizar os graves problemas que afectan as súas vidas e familias. A Igrexa universal reforza a conmemoración do «Día das xentes do mar» que se celebra todos os anos, o 16 de xullo, facéndoo coincidir coa festa católica da Virxe do Carme.

Desde 1944, tras a Asemblea Nacional do Apostolado do Mar que tivo lugar en Bilbao, a diocese de Tui-Vigo foi un referente para toda España na defensa e protección dos dereitos do mariño, grazas ao labor desenvolvido no coidado dos traballadores e as familias que dependen do mar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp